Skip to Content

FINA CASALDERREY NO NOSO COLEXIO

Este venres tivemos a sorte de recibir a visita de Fina Casalderrey. Veu na compaña da memoria da súa prezada María Victoria Moreno e canto aprendemos! Coñecemos unha María Victoria nena, adolescente, adulta... Unha persoa xenerosa, mestra entusiasta e inventora de soños que levaba aos seus libros para que todos e todas poidamos compartilos con ela.

Moi agradecidos e agradecidas a Fina Casalderrey por encher de fermosas palabras a nosa biblioteca.



page | by Dr. Radut