Este curso participamos no proxecto Voz natura axunto un resumo.
Descrición.
Como homenaxe ao patrimonio etnográfico do noso concello/comarca participarmos en “Voz Natura” co proxecto titulado “A NOSA ALDEA”para fomentar o achegamento do noso alumnado ao entorno natural e etnográfico e espertar neles o interese polo coidado e preservación do mesmo. Ao mesmo tempo aproveitamos este proxecto para mellorar a competencia lingüística dos nosos alumnos /as e incrementar o vocabulario relacionado coas costumes, tradicións,festas, árbores, plantas , flores, apeiros, reciclaxe...
Este proxecto consta de varias fases:
!º Trimestre:
1.Estudo do concello a nivel xeral,partindo dunha maqueta do concello elaborada en anos anteriores
2.Elaboración dunha listaxe de parroquias.
3.Busca documental e presencial de elementos etnográficos característicos de cada unha delas.
2º trimestre:
1.Recompilación de todo o material e información recollidas para a súa utilización posterior.
2.Os alumnos/as plasmaron en debuxos,murais... as súas ideas dunha aldea.
3.Elaboración dunha maqueta dunha aldea na que se vexan representados os elementos etnográficos estudado
3º trimestre:
-
Remate da maqueta e exposición da mesma.