Da man de Raquel Queizas coñecemos a historia de Alice Guy, a nai do cinema que foi silenciada pola historia. Un divertido espectáculo no que tivemos a oportunidade de coñecer a esta muller fascinante, así como de ver fragmentos das súas primeiras películas.
Celebramos o Samaín outro ano máis, fomos disfrazados e fixemos exposición de cabazas. Participamos todo o centro.
Aquí estamos os de primeiro posando cos nosos disfraces e as nosas cabazas:
En segundo estamos preparados para as próximas olimpiadas:
En terceiro tamén participamos coas nosas cabazas e os nosos disfraces:
Aquí estamos os de cuarto coas nosas cabazas:
O alumnado de quinto tamén participamos con unhas cabazas terroríficas:
En sexto expuxemos as nosas cabazas polos corredores tamén:
Todo o alumnado do centro, dende Infantil ata Primaria, intercambiamos postais con todos os centros de Educación Primaria de A Estrada e máis cos CEIP Os Muíñños de Muxía e o CEIP Antonio Carpinteiro de Arbo:
Para rematar o día fixemos un baile todo o alumnado:
O martes 18 de xuño o alumnado de infantil celebrou o fin de curso con un gran festival ateigado de música, baile, diversión e sobre todo moita emoción. As actuacións foron as seguintes:
4º A: baile " Eu son un artista"
4º B: baile "La bamba"
5º A: baile " Dime que fixeches e onde estiveches"
5º B: interpretación do poema " Mariñeiros"
6º A: representación do conto " A casa da mosca chosca"
No festival das letras galegas este ano homenaxeamos a Antonio Fraguas, autor que tivo especial relación coa nosa vila, pois foi na Estrada onde comezou a súa labor docente.
Celebrámolo representando 3 obras de teatro, por parte do alumnado do Club da Lingua.
Tamén participaron o alumnado de 1º de primaria poñendo o broche final ao proxecto " coidamos o medio ambiente" coa canción Á HORTA DE BALBINA .
O pasado 16 de maio celebramos o día das Letras Galegas adicado este ano, a Antonio Fraguas.
Ademais de diversas actividades relacionadas con este autor, todo o centro participamos nun baile levado a cabo dentro do proxecto deportivo de centro
" móvete + ".
Outra actividade foi a representación teatral da obra a pulga e o piollo ( de Antonio Fraguas) por parte do alumnado de 1º B.
Ver video obra de teatro:
Por último, todo centro participamos nunha búsqueda do tesouro, organizada polos especialistas de educación física, no que tiñan que buscar pistas sobre vida e obra de autores galegos para coñecer de que autor se trataba.