Skip to Content

Carteis das árbores

Non deixedes de dar unha voltiña estes días polos xardíns do cole e veredes uns carteis para saber máis sobre algunhas das árbores do cole. Aquí tedes ás nenas e aos nenos de 4 anos e de 3º de primaria colocándoos, encántanos a nosa paisaxe!

A festa no faiado

Un grupo de nenas e nenos de 3º de primaria prepararon unha obra de teatro adaptando o conto de María Victoria Moreno "A festa no faiado"

Representárona na biblioteca para os máis peques do cole...como nos gustou!

Un cachiño de bica

Ollade este video conto feito polos nenos e nenas de 2º de primaria en homenaxe a María Victoria Moreno.

O Maio

Como ven sendo tradicional no cole, o pasado día 16 de maio, achegámonos ata Vilar de Donas para pasar unha xornada de xogo, música e convivencia para conmemorar o Día das Letras Galegas

Aproveitamos a ocasión para construír un maio ben fermoso e florido con elementos naturais que nos ofrece a paisaxe primaveral.

Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración aportando flores, laranxas,...

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS IMAXES

Paisaxes de conto

Así de colorida quedou a nosa biblioteca cos nosos debuxos de PAISAXES dos contos que máis nos gustan

Adiós ríos, adiós fontes

Adiós ríos, adiós fontes ilustrado polo alumnado de segundo de primaria.

Pintamos o cole

Familias, alumnado e profesorado participante no proxecto de paisaxe puxémonos mans á pintura para transformar o noso cole e enchelo de cor, sen dúbida estase a convertir nun verdadeiro recanto con encanto!

Isto ten moi boa pinta!

Preme na imaxe para ver como está quedando...

Teatro

UN PLANETA LITERATIO MÁXICO foi a obra que representaron hoxe na Casa da Cultura as nosas compañeiras e compañeiros do grupo de teatro. Encantounos!!

Preme aquí para ver máis imaxes

Plano do cole

As nenas e os nenos da aula de 4 anos coñeceron un pouco máis sobre a distribución da paisaxe a través do plano, e incluso se animaron a debuxalo...preme aquí se queres velo

Un pouco de música

Aquí vos deixo uns vídeos que realizou o profe de música Juan Carlos. 

Subide o volume e...a desfrutar da música 

Distribuir contido


by Dr. Radut