Skip to Content

Listaxe defenitiva axudas

A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º e 4º de educación primaria, está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 7 de maio de 2024, que non permite a súa publicación na páxina web.

Lembrade que os días 9 e 10  de xullo tedes que recoller os vales de axuda de material para TODO o alumnado de primaria (dende 1º a 6º de educación primaria)

Listaxe provisional axudas

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 4º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 7 de maio de 2024, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (xoves e venres)

Na listaxe DEFINITIVA (luns 8 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.

 

Os vales para as axudas de libros de 1º e 2º de primaria, así como os vales de material para todo o alumnado de primaria podedes pasar a recollelos os días 9 e 10 de xullo, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

 

Transporte escolar

As familias do alumnado que xa teña asignada parada en cursos anteriores non é preciso que realice ningún trámite.

 

En base á Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares.

◄ Solicitude de modificación de itinerario e de introdución de novas paradas.

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2 km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

 

◄ Presentación  solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.

  1. Alumnado cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
  2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
  3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte a modificación das rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto
  • Que non precise a incorporación de acompañante

Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

Prazo de solicitude: 10 de xullo, incluído.

 

 

 

Graduacións

Cambiar de etapa sempre é un momento especial e emotivo que celebramos nas graduacións.

Aos peques de infantil tócalles dar un pasiño máis na súa andaina polo cole, seguro que lles vai xenial!

Podedes ver máis imaxes deste día premendo aquí.

 

Despedimos con moito agarimo e emoción ao alumnado de 6º de educación primaria, desexándolles un fantástico camiño!

Dende este enlace podes acceder ás fotografías da súa graduación.

 

Festa fin de curso

Un ano máis, rematamos o curso con festaza e inchables, actividade organizada conxuntamente polo centro e a ANPA e financiada polo Concello.

Moitas grazas por contribuír a que todo o alumnado teña un último día de cole, antes das vacacións, tan divertido!

Podes ver máis imaxes  premendo aquí.

 

Saída Segovia e Madrid

O alumnado de 6º de educación primaria despide a etapa cunha saída de catro días na que visitaron as cidades de Segovia e Madrid.

Queres ver todos os sitios que percorreron?

Premede aquí para descubrilo.

Illas Ons

O alumnado de 4º de educación primaria viviu unha xornada, xunto con algunhas das súas familias, nas Illas Ons para despedir o curso! 



Mirade que ben o pasaron premendo aquí

Comedor escolar curso 2024 - 2025.

Aberto o prazo para o prodecemento de autodeclaración dos prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2024 - 2025. Ver instrución.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

As autodeclaracións entregaranse no centro. O prazo remata o 1 de setembro, pero agradecemos a súa entrega antes do 10 de xullo.

 

IMPORTANTE

- A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2023.

- Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a constrastar os datos de residencia e renda.

- Lembrade cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.

 

Podedes descargar aquí o impreso.

 

Ata o próximo 1 de setembro estará aberto o prazo para a admisión de persoal colaborador do comedor escolar durante o curso 2024 - 2025.

Libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2024 - 2025

Listaxe de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2024 - 2025. Preme no enlace

 

 

 

Recomendacións lectoras

Daia recoméndanos unhas lecturas para este verán. Botádelle unha ollada no seguinte enlace.

Recomendacións lectoras
Distribuir contido


by Dr. Radut