Dentro do programa "Lectura e familias" contamos cun novo recuncho na entrada do cole cheo de libros!!! As familias podedes coller prestado calquera destes libros sobre disciplina positiva, redes sociais e educación en xeral... Animádevos!
Daia recoméndanos uns libros para traballar neste Día Internacional contra o acoso escolar. Un día para recordar que temos que mostrarnos como somos, cada quen ten o seu propio valor por ser quen é.