Skip to Content

PDI 22/23 Sustentabilidade

Xogamos?

Nesta semana, xogamos con xoguetes elaborados con material de refugallo creados polas familias. Moitas grazas pola colaboración! 

Premendo aquí veredes máis imaxes.  

Programas radio

Sotavento

Estes días, tivemos unha nova actividade vencellada co PDI deste curso “A nosa pegada”

Visítannos dende Sotavento para darnos a coñecer alternativas non contaminantes para producir enerxía… foi fantástico experimentar con auga, co vento e co sol para conseguir encender a nosa propia luz. E para rematar, tomamos leite ben quentiño empegrando un forno solar. 

Encantounos! 

Podedes ver máis imaxes dende aquí! 

 

Charla

Hoxe, tocoulle ao alumnado de primaria aprender un montón de cousas na charla de Juan, pai dos nosos compis Mateo e María. El é técnico municipal do Concello de Palas. Durante a charla, enmarcada dentro do PDI deste curso “a nosa pegada”, ensinoulles a evolución das casas ao longo da historia e explicoulles, dun xeito moi ameno, como facer que os nosos fogares sexan enerxéticamente máis eficientes. 

Gracias por vir!

Edificios eficientes

Hoxe, o alumnado de infantil aprendeu un montón grazas a Juan, pai dos nosos compis Mateo e María. El é técnico municipal do Concello e ten a titulación de enxeñeiro de montes. Durante a charla, enmarcada dentro do PDI deste curso “a nosa pegada”, ensinoulles a evolución das casas ao longo da historia e explicoulles, dun xeito moi ameno, como facer que os nosos fogares sexan enerxéticamente máis eficientes. 

Gracias por vir!

 

Adiviñas o conto?

Empregando material de refugallo cada aula creou personaxes, obxectos… anacos dos seus contos favoritos. Adiviñades cales son?


Cambio climático

O alumnado fai un resumo de todo o aprendido sobre o cambio climático!

Non o perdades!!!

Saída Santiago

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria realizarou unha saída a MeteoGalicia onde, ademais de recibir unha sesión formativa, contemplou o lanzamento do radiosondeo. Posteriormente, visitaron o Mupega no que realizaron un xogo de pistas. Unha mañá xenial!

Dende aquí podes ver máis imaxes.

Entroido sostible

Celebramos un entroido con disfraces sostibles, empregando materiais de refugallo ou reutilizando roupas e obxectos que tiñamos pola casa.

Podedes ver máis imaxes dende aquí.

Comeza o entroido

Os mandados de Daia para a próxima semana!!

Distribuir contido


by Dr. Radut