Do 14 ao 27 de outubro celébrase a semana da programación da UE, co obxectivo de achegar á programación e ao alfabetismo dixital dunha forma divertida e interesante. Enmarcada nesta iniciativa, o alumnado de 4º, 5º e 6º primaria traballa nas últimas semanas co programa scratch e as placas makey makey para elaborar un piano.
Dende os seguintes enlaces podedes consultar a información necesaria sobre a instalación e uso da aplicación abalarMóbil, que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil: