Skip to Content

Escolares

Tic, tac…


Unha nova aventura... Gracias ao Concello pola súa colaboración.

Pronto saberedes máis! 

Contacontos de Samaín

-Se nos gustan os contos?

-Claro!

-Que temos aos mellores contadores e contadoras do mundo no noso cole?

-Por suposto! Para nós, insuperables.

 

Canto de especial teñen as historias contadas polas nosas familias!

Gracias a moreas a todas as que vos achegastes neste Samaín, facédesnos moi felices!

Ollade, premendo aquí, o moito que desfrutamos.

 

 

Samaín

Fantasmas por aquí, bruxas por alá. Fantasmas, bruxas jajajajaja

Vampiros por aquí, momias por alá. Vampiros, momias jajajajaja

Así pasamos este Samaín, bailando e divertíndonos con moitas personaxes "de medo" por aquí e por alá.

Tamén na aula de inglés desfrutamos do halloween con moito "trick or treat"

Moitísimas gracias ás familias por axudarnos a ambientar este día con disfraces, cabazas, decoracións... pasámolo xenial!

Preme aquí para ver máis fotografías da xornada.

 

 

Menú italiano

O proxecto "Somos diversidade" tamén estará presente no comedor do cole. Un día de cada mes achegarémonos á gastronomía dos diferentes países que estamos a coñecer. Este venres comezamos con Italia.

  

Semana da programación

Do 14 ao 27 de outubro celébrase a semana da programación da UE, co obxectivo de achegar á programación e ao alfabetismo dixital dunha forma divertida e interesante. Enmarcada nesta iniciativa, o alumnado de 4º, 5º e 6º primaria traballa nas últimas semanas co programa scratch e as placas makey makey para elaborar un piano.

Novo proxecto de centro

 Iniciamos o curso cun novo proxecto.

Este mural recibíanos á entrada do cole.

 

Que será o que imos aprender?

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil dannos algunha pista, escoitade!

 

Traballando na terra

Hoxe, o alumnado de 3º de educación primaria achegouse ata a feira e traballou na horta do cole recollendo as patacas sementadas o curso pasado.Que boa colleita!

 

Graduacións

Cambiar de etapa sempre é un momento especial e emotivo que celebramos nas graduacións.

Aos peques de infantil tócalles dar un pasiño máis na súa andaina polo cole, seguro que lles vai xenial!

Podedes ver máis imaxes deste día premendo aquí.

 

Despedimos con moito agarimo e emoción ao alumnado de 6º de educación primaria, desexándolles un fantástico camiño!

Dende este enlace podes acceder ás fotografías da súa graduación.

 

Podcast auga

Convivencia

Durante dous días, alumnado e profesorado da Escola de Torneiros (Portugal) visitáronnos para coñecer o noso cole e pasar unhas xornadas con moito xogo e distintas propostas que favoreceron a convivencia entre os dous centros.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Raízes"

Distribuir contido


by Dr. Radut