Skip to Content

Complementarias

Día da infancia

 20 de novembro, vivos en pixama ao cole polo dereito a medrar en familia.

Teatro

O día 26 temos unha cita con Alentía Teatro!

Magosto e torneo de peóns

Castañas asadas, peóns e música... todo para pasar un magosto estupendo!

Moitas gracias á Asociación Palacio do Rei por darlle ritmo á xornada.

Parabéns a todo o alumnado participante no XIII torneo de peóns.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Ferreiro

Un ano máis, participaremos, xunto a outros centros, na elaboración do "Calendario Estiño", nesta ocasión adicado á feira. O alumnado do noso cole terá que realizar un debuxo vencellado cos ferreiros. 
Para coñecer mellor esta profesión, tivemos a sorte de contar co avó e familia da nosa compañeira Erea que nos falaron sobre o seu traballo neste sector, mostráronnos ferramentas tradicionais e a súa evolución... 

Moitísimas gracias por ensinarnos tanto!

Preme aquí para ver máis fotografías

Obradoiro

Seguimos cos obradoiros do Programa "Da escola á granxa"!

Foi o turno do alumnado de 3º e 4º que realizaron "bombas" de sementes, olla que ben o pasaron premendo aquí.

Os nenos e as nenas de 5º e 6º profundizaron sobre enerxías que non contaminan, se queres velos podes facelo dende este enlace.

Unha vez máis, gracias á ANPA por achegarnos estas actividades!

 

Obradoiros

Hoxe, foi día de obradoiros!

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria realizou un Hotel de Insectos que xa está no bosque do cole.

As nenas e os nenos de educación infantil fixeron a súa propia pasta de dentes, ulia fenomenal!

Grazas á ANPA por organizar estas actividades, enmarcadas dentro do proxecto "Da escola á granxa" e financiada pola Diputación.

  

Preme sobre cada fotografía para ver imaxes dos distintos obradoiros.

Jim Sports

Alumnado do cole estivo esta mañá nas instalacións de Jim Sports  aproveitando a pista de pádel, a cancha de baloncesto, a pista multipedorte, o parque infantil…

Excelente axuda para fomentar a práctica de activida física.

Premendo aquí podedes ver máis fotografías.

Concerto

Rematamos setembro con concerto de "El borrón del escribano".

Moitas gracias por este agasallo e por facernos pasar un rato estupendo bailando! 



Mira máis fotos dende aquí. 

Festa fin de curso

Un ano máis, rematamos o curso con festaza e inchables, actividade organizada conxuntamente polo centro e a ANPA e financiada polo Concello.

Moitas grazas por contribuír a que todo o alumnado teña un último día de cole, antes das vacacións, tan divertido!

Podes ver máis imaxes  premendo aquí.

 

Illas Ons

O alumnado de 4º de educación primaria viviu unha xornada, xunto con algunhas das súas familias, nas Illas Ons para despedir o curso! 



Mirade que ben o pasaron premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut