Skip to Content

Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva

Magosto e torneo de peóns

Castañas asadas, peóns e música... todo para pasar un magosto estupendo!

Moitas gracias á Asociación Palacio do Rei por darlle ritmo á xornada.

Parabéns a todo o alumnado participante no XIII torneo de peóns.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Jim Sports

Alumnado do cole estivo esta mañá nas instalacións de Jim Sports  aproveitando a pista de pádel, a cancha de baloncesto, a pista multipedorte, o parque infantil…

Excelente axuda para fomentar a práctica de activida física.

Premendo aquí podedes ver máis fotografías.

Reto actividade física en familia

Animádevos familias!!

Campionato ping pong

Canta emoción no campionato de Ping-pong!

Aplauso a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores e gañadoras!

 

 

Atletismo

O alumnado de 4º de educación primaria visitou as pistas de atletismo da cidade de Lugo, onde puideron probar varias disciplinas!

Pasárono xenial, mirade!

Impacto mochilas

Compartimos un estudo recente sobre o impacto das mochilas nos problemas músculo esquelético dos rapaces e das rapazas.

Podedes velo con máis detalle premendo na imaxe.

Campionato de peón

Chegou o día do Campionato de peóns!

Sen dúbida, practicaron un montón para lanzar os peóns! Parabéns!

Accede a máis fotografías dende aquí.

Billar

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria desprazouse a Adai (O Corgo) para participar na actividade "Iníciate ao billar", promovida por Xogade. 
Pasárono xenial! 
Podedes ver máis imaxes dende aquí. 

Novos materiais

Grazas a moreas ao Grupo Jim Sport por donar este novo material para as actividades extraescolares, así como unha rede de volei para o centro, que xa estreamos nas clases de educación física.

Grazas tamén á ANPA por xestionalo e por acordarse sempre de nós!!

 

 

Xogamos?

Nesta semana, xogamos con xoguetes elaborados con material de refugallo creados polas familias. Moitas grazas pola colaboración! 

Premendo aquí veredes máis imaxes.  

Distribuir contido


by Dr. Radut