Como ven sendo tradicional no cole, o pasado día 16 de maio, achegámonos ata Vilar de Donas para pasar unha xornada de xogo, música e convivencia para conmemorar o Día das Letras Galegas
Aproveitamos a ocasión para construír un maio ben fermoso e florido con elementos naturais que nos ofrece a paisaxe primaveral.
Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración aportando flores, laranxas,...