Skip to Content

AVISOS URXENTES

Marchamos a primaria!

Benqueridos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil,

Estamos moi orgullosas de ter compartido convosco a vosa primeira etapa no cole. Agora ides para o cole dos maiores, aínda que estaredes moi pretiño das vosas mestras. Non ides moi lonxe!

Sentimos non poder despedirvos como todos os anos, pero vos deixamos un agasallo para que lembredes todos os momentos que compartimos e non vos esquezades das vosas mestras: María, Bea, Inés, Laura e Montse. Vémonos pronto!

Marchamos do cole!

Hoxe é un día moi especial pois os maiores, despois de nove anos, marchan do cole, marchan ao instituto.

Son moitos os momentos compartidos e todos os mestres e mestras estamos moi felices de telos desfrutado xunt@s.

Grazas pola vosa axuda, pola vosa colaboración e boa disposición a participar en todo o proposto. 

Sabemos que vos vai ir máis que ben e sentimos moito non despedirvos como vos merecedes.

Grazas tamén ás vosas familias que sempre estiveron remando connosco, sobre todo nestes tres meses tan complicados.

Lembrade o Ruxidoiro é a vosa segunda casa, vinde cando vos apeteza a contarnos como vos vai a vida.

Moi boa sorte nesta nova andadura!

Deixamos, con este vídeo, unha pequena mostra de todo o vivido e compartido, que non foi pouco.

 Ata pronto!

 

AVISO IMPORTANTE!

CONVOCATORIA DE FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

 

Prazo de solicitudes do 20 de maio ao 19 de xuño.

Presentarase, preferentemente por vía telemática (unha solicitude por cada fillo) ou presencial presentando UNHA ÚNICA SOLICITUDE no caso de ter máis dun fillo matriculado no centro.

Para descargar os impresos e ver toda a información relacionada co fondo e as axudas premede AQUÍ

Lembrade que para a entrega presencial de solicitudes debedes solicitar cita previa no tlfo. 988 392838 (de 10:00h a 13:00h) ou no correo electrónico ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es

É imprescindible que traiades a solicitude cuberta e unha fotocopia para que vos quededes con ela rexistrada.

Lembrade traer para a súa devolución os libros de texto prestados neste curso, imprescindible para que vos concedan a axuda.

ENTREGA DE MATERIAL E LIBROS DO ALUMNADO

Nuns días nos poremos en contacto convosco para proceder á entrega de material dos vosos fillos e fillas.

Este curso procede o cambio de libros en 3º e 5º polo que agradeceríamos que os que os mercastes os deixedes como doazón no centro.

En canto aos libros de 4º e 6º, aínda que non se cambien, o próximo curso será o último ano que se poderán utilizar    polo que tamén agradeceríamos que os deixedes como doazón no centro.

Comunicádelle ás titoras mediante o correo electrónico que autorizades a doazón.

Procuraremos facer coincidir o mesmo día para a entrega de material, facer a solicitude axuda de fondo libros e para que entreguedes os libros de préstamos que teñades na casa.

Recomendamos que cando acudades ao centro no día que se vos cite, respectedes o horario asignado e as medidas sanitarias correspondentes

Grazas pola vosa colaboración

REAPERTURA PRAZOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/2021

Segundo a Resolución do 5 de maio, reestablécese o prazo e presentación das solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020-2021.

O novo prazo iniciarase o 11 de maio e rematará o 18 de maio.

Recoméndase a presentación telemática das solicitudes.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

No caso de non ser posible, solicitarase CITA PREVIA para ser atendido presencialmente no teléfono 988 392838 ou ben a través do correo electrónico ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es

Pregamos que traian cuberta a solicitude coa seguinte documentación:

ANEXO II

Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando se denegue a consulta de datos).

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

Lembrade tomar as precaucións de prevención que recomendan as autoridades sanitarias. No centro tomaremos as medidas de limpeza e desinfección oportunas: colocación dun dispensador de solución hidroalcohólica á entrada ao centro, limitación de persoas (cita previa) no mesmo espazo, delimitación de espazos e uso de medidas de protección.

Para calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto con nós:

Teléfono: 988 392838

Correo electrónico: ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es

Información sobre as programacións do curso 2022-2023

Publicamos neste apartado un resumo das programacións didácticas realizadas polo profesorado como planificación para o presente curso escolar, 2022-2023.

Podedes consultar os mínimos establecidos para superar cada materia, os procedementos e instrumentos de avaliación así como os criterios de cualificación.

SORPRESIÑA DO COLE

ADICADO AOS NENOS E NENAS DO RUXIDOIRO

Con moito agarimo de todo o persoal que traballa no centro. 

SUXESTIÓNS DE LECTURAS

                                                     

Queredes saber que lecturas nos recomenda o Equipo de Biblioteca?

Premede na imaxes e descubriredes novas lecturas!

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

                                  

Premede na imaxe para saber máis sobre este día.

 

2 DE ABRIL:DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

HOXE É...

                                   

Premede na imaxe para averiguar máis cousiñas sobre este día.

Distribuir contenido


by Dr. Radut