REAPERTURA PRAZOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/2021
Segundo a Resolución do 5 de maio, reestablécese o prazo e presentación das solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020-2021.
O novo prazo iniciarase o 11 de maio e rematará o 18 de maio.
Recoméndase a presentación telemática das solicitudes.
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
No caso de non ser posible, solicitarase CITA PREVIA para ser atendido presencialmente no teléfono 988 392838 ou ben a través do correo electrónico ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es
Pregamos que traian cuberta a solicitude coa seguinte documentación:
Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando se denegue a consulta de datos).
A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.
Lembrade tomar as precaucións de prevención que recomendan as autoridades sanitarias. No centro tomaremos as medidas de limpeza e desinfección oportunas: colocación dun dispensador de solución hidroalcohólica á entrada ao centro, limitación de persoas (cita previa) no mesmo espazo, delimitación de espazos e uso de medidas de protección.
Para calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto con nós:
Teléfono: 988 392838
Correo electrónico: ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es