Skip to Content

CAMPAMENTOS DE VERÁN O RAMO CONCILIA

 Estimadas familias:

 ANPA O RAMO organiza campamentos de conciliación dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, de luns a venres e en horario de 9:00 h. a 14:00 h., durante os meses de verán. Ofértase tamén a posibilidade de Servizo de Madrugadores desde as 8:00 h. As actividades que se propoñen son 100% ao aire libre. Existen prazas subvencionadas pola Deputación de A Coruña. Tedes o contacto, prezos e máis información no adxunto.

FICHA ACTUALIZACIÓN DE DATOS

ADMISIÓN DE ALUMNOS

 Estimadas familias:

Informámosvos que hoxe, 3 de xuño de 2020, publicamos no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2020-2021. Pódense consultar de forma telefónica ou presencial en horario de 10:00 h. a 13:30 h. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte da súa publicación. Pasado ese período publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva.

Para a consulta vía telemática podedes facelo na seguinte ligazón a partir do 8 de xuño con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave 365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISION > RECUPERAR.

 

No tocante ao procedemento de admisión e matrícula de alumnado de 4º de educación infantil do vindeiro curso:

- Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no CEIP Plurilingüe O Ramo está admitido.

- Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de xullo.

RECOLLIDA DE MATERIAL

   Co motivo da entrada na fase 2 de desescalada do estado de alarma xa se poderá recoller o material do alumnado. Para manter as medidas sanitarias, establecemos diferentes horarios co fin de evitar aglomeracións. Os horarios e as diferentes medidas que deberedes adoptar as podedes consultar no adxunto. O material que non sexa recollido na data asignada entregarase a partir do 5 de xuño, con cita previa.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21

   O martes 19 de maio publícase no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de libros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Educación Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico. O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño. Preferentemente realizarase a presentación das solicitudes por vía telemática (a través da aplicación Fondolibros ou Sede Electrónica da Xunta) ou presencialmente na secretaría do colexio con cita previa, en horario de 10:00 h.ás 13:30 h., respectando as medidas sanitarias en vigor. Para máis información:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl

Podedes descargar o impreso da solicitude no documento adxunto.

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia establécese que os departamentos didácticos, equipos de ciclo e equipos docentes de cada curso adaptarán as programacións didácticas das ensinanzas correspondentes.

Serán responsables as direccións dos centros da súa publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade, seguindo o procedemento establecido polo centro.

Nos arquivos adxuntos reflíctense as adaptacións por curso, materia ou curso e materia.

SOLICITUDE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Para cumprir todas as recomendacións sanitarias, rogamos que todos aqueles que teñades que acudir ao centro para entregar a documentación de admisión do 11 ao 18 de maio, o fagades con cita previa chamando, en horario de 10:00 a 13:30h, ao teléfono 981 93 01 37 ou no correo electrónico ceip.oramo@edu.xunta.gal.

  • Para poder garantir o mínimo de distancia recomendado, a entrega de documentación realizarase no hall do centro.
  • Sempre que sexa posible, virá unha única persoa e con mascarilla. Na entrada proporcionarásevos xel hidroalcohólico.
  • Lembrade que o centro estará aberto exclusivamente co persoal imprescindible para atender o proceso de admisión e outros trámites administrativos. Calquera outra consulta, deberá facerse por teléfono no horario indicado anteriormente ou por correo electrónico.

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

Seguindo a publicación do DOG do 6 de maio de 2020, restablécese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. O centro permanecerá aberto das 10:00 ás 13:30 horas. Aqueles que estean interesados deberán presentar no centro:

 

  • Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, que se facilitará no centro. Tamén se pode descargar da páxina web da consellería. A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

  • No caso de que o alumno/a proceda doutro centro será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2019-20.

  • Ademais, segundo a Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderase solicitar admisión no centro educativo por vía telemática, dando cumprimento a nova lei 39/2015 de procedemento administrativo común.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

O prazo de entrega das solicitudes, vía telemática ou presencial, será do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos.Os que presentaron a solicitude de admisión, antes da declaración do estado alarma, xa teñen o trámite realizado.

 

Tal e como recolle a normativa actual, recordámosvos que:

  • Cada alumno/a so pode presentar unha única solicitude no centro onde solicita praza en primeiro lugar. De non ser así perderá os dereitos de prioridade que lle corresponden.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (remitindo copia da solicitude de admisión presentada no novo centro).

  • A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.

 

Os Servizos Complementarios do centro son:

 

- Comedor, xestionado pola consellería.

- Transporte gratuíto dende Maniños, todo Barallobre, Magalofes e Perlío.

- Ampla oferta de Actividades Extraescolares..

- Servizo de Madrugadores, xestionados polo centro e o ANPA.

 

Os novos prazos do proceso son:

  • Publicación das listaxes provisionais: antes do 9 de xuño de 2020.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: 3 días hábiles dende a publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

 

Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

A Orde do 27 de marzo (adxunto) establece as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19. Seguindo esta orde informamos do seguinte:

 

BENEFICIARIOS:

  • Usuarios de comedor con gratuidade total.

  • Usuarios de comedor semigratuito, con pago de 1 € diario por prestación do servizo.

 

IMPORTE DAS AXUDAS:

  • 2´50 € nos casos de gratuidade total por cada día lectivo de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas poloa pandemia do COVID-19.

  • 1´50€ nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer 1 € pola prestación do servizo.

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • A solicitude será única por familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares que sexan comensais gratuitos e semigratuitos dun euro.

  • Prazo de presentación: dende hoxe, 31 de marzo de 2020, ata o 6 de abril incluído.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ED601B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365(https://sede.xunta.gal/Chave365 )

 

Se algunha familia ten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos o equipo directivo do centro poderá colaborar. Para iso precisamos que enviedes un correo electrónico ao centro (ceip.oramo@edu.xunta.gal) solicitando que tramitemos a axuda e aportando a ser posible o formulario normalizado cuberto (ED601B). De non ser posible deberán aportar os seguintes datos:

  • Nome, apelidos e curso do alumno beneficiario.

  • DNI, nome e apelidos do responsable e titular da conta.

  • Número de conta bancaria no que quere recibir o aboamento da axuda.

Distribuir contido


by Dr. Radut