Skip to Content

O MAGOSTO E O SAMAÍN NO COLE

Estimadas familias:

Informámosvos que, despois do éxito da Festa da Benvida coa que esperamos que os nen@s desfrutaran, queremos continuar coas nosas tradicións.  Polo tanto agora, tócalle o turno ao Magosto e Samaín.

Para iso temos que solicitar a vosa colaboración.

Dentro das actividades que estamos a preparar, e xa que non podemos adornar as cabazas como viñamos facendo ao longo destes anos, haberá unha exposición de fotos.

Por iso pedímosvos que realicedes na casas algunha actividade típica destas datas cos vos@s fill@s: apañar castañas, sobremesas típicas, adornar unha cabaza,  facer alguna manualidade,…o que se vos ocorra, e que nos mandedes unha foto realizándoa.

A exposición estará na entrada do cole para que o alumnado poida ver o que fixeron os compañeiros/as.

Pregámosvos que as enviedes polos nenos/as, antes do mércores 28 de outubro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 O Equipo de AAEE e o EDLG

AVISO AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Hoxe pola mañá comunicáronnos 1 caso positivo COVID dun alumno/a do noso centro. 

Despois de que Xefatura Territorial de Sanidade recabara toda a información, INFÓRMANNOS que NON houbo contactos estreitos con dito alumno/a (xa que non estuvo no centro 48 hs antes de facer a PCR), polo que o mesmo deberá seguir funcionando con total normalidade.

Entendemos a vosa preocupación, pero pola lei de protección de datos 15/99, non podemos facilitar información da aula nin do alumno/a en cuestión. 

Queremos transmitirvos serenidade e que saibades, que calquera información que teñamos, sempre vola comunicaremos.

Un saúdo.

O equipo directivo

 

AVISO A TODAS AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Recibimos emails, por parte dalgunhas familias e queremos pedirvos, por favor, que esteades tranquilos.

No centro, cúmprense todas as medidas hixiénicas e de seguridade, existentes no protocolo COVID-19.

Como directora do CEIP Plurilingüe O Ramo e coordinadora do equipo COVID, non ocultamos ningún tipo de información.

Cando hai un membro da comunidade educativa infectado polo virus, son os rastreadores da Xefatura Territorial de Sanidade, os que avisan aos contactos estreitos e obrígannos, aos coordinadores dos equipos COVID tamén, a avisar ás persoas afectadas.

Polo tanto, dende o centro, pedímosvos que por favor, non pensedes que vos ocultamos información de ningún tipo.

Os centros escolares, son as contornas máis seguras para os vosos fillos/ as nestes momentos.

Un saúdo.

A directora

COVID-19. AVISO A TODAS AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Comunicarvos que no noso centro, a día de hoxe, NON houbo ningún membro da comunidade educativa (nin profesorado nin alumnado), que estivese en contacto estreito con ningún positivo en COVID-19, tal e como dÍ algún medio de comunicación.

Rógovos que esteades tranquilos, porque se fora así ( desexamos que non), avisariámosvos dende o CEIP Plurilingüe O Ramo, tomando as medidas oportunas.

Moito ánimo e agardamos que pronto, podamos volver facervos partícipes das nosas actividades.

Un saúdo.

A directora

DÍAS NON LECTIVOS NO CENTRO

 

Lembrarvos cos días non lectivos no noso centro, serán:

- 2 de novembro de 2020

-18 de maio de 2021

Un saúdo

Recordatorio autorizacións 2020-2021

Bo día:

Adxunto facilitamos de novo as autorizacións para aquelas familias que aínda non as presentáchedes ou que tedes algunha pendente de entregar.

Lembrade que deberedes envialas asinadas ao correo electrónico do centro (ceip.oramo@edu.xunta.gal) e de poder ser, en pdf (xa que as que enviades como imaxe danos erro en moitas ocasións)

Pregamos que por favor nolas enviedes canto antes, xa que afectan á organización do centro.

Graciñas

Un saúdo

FESTA BENVIDA

FESTA DA BENVIDA 2020

 

Estimadas familias:

Comprácenos informarvos que o vindeiro venres 16 de outubro a partires das 13:00 horas celebraremos a nosa tradicional Festa da Benvida.

Aínda que vai ser unha festa diferente, queremos que a desfrute  toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias, dentro do posible.

As actividades a realizar serán as seguintes:

1. Decorar  a árbore da entrada coas máscaras que os nenos adornaron (farase previamente).

2. Visualizar un vídeo coa presentación dos profes e do cole (dispoñible en youtube, en O Ramo producións).

3. Recoller unha caixa sorpresa que cada clase terá na  porta (ao rematar de ver o video).

4. Xogos populares “versión aula”:

5. Facer a visita á nosa exposición de froitas virtual que teredes á vosa disposición na aula virtual e na páxina web do centro, premendo aquí.

 

Aínda que non poidades asistir ao centro e compartir o día cos vosos fillos/as non queremos desaproveitar a oportunidade de darvos as grazas pola vosa colaboración.

AVISO PROTOCOLO COVID-19

Estimadas familias:

Lembrarvos, que dentro do Plan de Adaptación do COVID-19, podedes consultar os seguintes documentos:

-Plan de adaptación do Protocolo Covid da Xunta, ao noso centro.

-Plan de Continxencia.

-Plan de acollida.

-Autoavaliación clínica.

Un saúdo

AVISO PCR

Bo día:

Tal e como establece o plan de adaptación sobre o COVID 19 do centro, no caso de que o pediatra determine que a algún neno/a se lle vaia realizar unha PCR, son as familias as que deberán AVISAR no colexio. (ceip.oramo@edu.xunta.gal) ou no teléfono 981930137.

O centro de saúde NON se pon en contacto co centro para dar dita información.

Graciñas

Un saúdo

Aviso ABALAR

Bo día:

Hai familias que nos comentades que tedes algúns problemas co programa ABALAR e chamamos para solucionalo.

Dende a unidade de atención a centros dinnos que a mellor solución é desinstalar e volver a instalar a aplicación nos vosos dispositivos móviles.

No caso de que non se solucione ou se vos presente algúno outro problema, pregamos que nos avisedes para seguir informando ata solucionar o problema.

Graciñas.

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut