Skip to Content

AVISO IMPORTANTE PARA FAMILIAS. APLICACIÓN ABALAR

Estimadas familias:

En archivo adxunto, tedes as instrucións para  darvos de alta na aplicación abalar. Sodes vós, os que teredes que crear unha conta, cun usuario e contrasinal. Dende o centro, só enviamos notificacións ou incidencias. Grazas

AVISO FAMILIAS ALUMNADO COMEDOR

Estimadas familias:

Tendo en conta a Instrución 3/2020, do 16 de xuño, sobre funcionamiento dos comedores escolares no curso 2020-21, establécese o seguinte:

-Os usuarios do servizo de comedor escolar, que durante o prazo dun mes, de xeito continuado, non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán baixa automaticamente no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

-Os usuarios do servizo de comedor escolar, que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 09:45hs do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

Grazas.Un saúdo

Horarios das aulas de Educación Infantil

Premede nos arquivos para visualizar ou descargar.

AVISO FAMILIAS DO SERVIZO DE COMEDOR

Estimadas familias:
Adxunto enviamos o modelo de autodeclaración  que deberá vir cuberto e asinado con data límite o martes 15 de setembro.
Lembrade que tedes que marcar vós a casela do prezo correspondente, segundo a renda do 2019. (nas últimas páxinas tedes a información)

Debido á situación actual, pode ser que algunhas familias solicitárades o comedor en xuño pero se decidírades que non ides  utilizar o servizo en todo o curso 20-21, pregariamos que por favor nos avisedes canto antes  (por correo electrónico ao centro) para poder organizar o servizo.

MENÚ DO COMEDOR. MES DE SETEMBRO

Bo día:

No archivo adxunto, tedes o menú do comedor do mes de setembro. Un saúdo

PROTOCOLO COMEDOR ALUMNADO DO CENTRO

Adxuntamos o Protocolo de comedor, o cal formará parte dos anexos do plan de adaptación do protocolo Covid-19. Saúdos

IMPORTANTE 1º DIA: Declaración responsable obligatoria Covid-19

Boa tarde: Necesitamos que o vindeiro LUNS 14 DE SETEMBRO, o voso fillo/a traia asinada a declaración responsable que podedes atopar no archivo adxunto, declarando pola vosa parte que non virán ao centro con síntomas compatibles coa Covid-19. Polo tanto, pregamos que a  imprimades, asinedes e a mandedes na mochila o vindeiro luns, como moi tarde. Se algunha persoa ten problemas para imprimila, pode pasar polo centro en horario de 9 a 14hs durante a mañá do xoves ou venres a recoller unha copia. Un saúdo. Grazas

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA "COMPROMISO FONDOLIBROS"

Estimadas familias:

Adxunto enviamos o documento de compromiso que deberá ser reenviado ao correo electrónico do centro (ceip.oramo@edu.xunta.gal) para poder facer entrega dos libros de texto aos nenos/as de 3º e 4º que participaron no fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021.

Cando comecen as clases, enviaranse os libros a través do alumno/a.

Como nalgúns casos son moitos libros, iremos entregando os correspondentes a cada trimestre para que os nenos/as non vaian tan cargados (é dicir: cando comecen as clases enviaremos os do 1º trimestre; despois de Nadal os do 2º trimestre e despois de Semana Santa os do 3º trimestre).

Calquera dúbida podedes consultala, ben por correo electrónico ou chamando ao teléfono do centro (881930137).

Grazas.

Un saúdo

AVISO SOBRE A RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO para alumnado de 3º e 4º participante no Fondo solidario de libros de texto e material escolar

Estimadas familias:

Debido á situación sanitaria actual, este curso non se fará entrega presencial dos libros de texto asignados aos alumnos de 3º e 4º que participáchedes no Fondo solidario de libros de texto.

Mañá enviarémosvos ás familias o documento de compromiso que deberedes reenviar ao correo electrónico do centro, cuberto e asinado para poder facer a entrega de libros.

Cando comecen as clases, enviaranse os libros a través do alumno/a.

Grazas.

Un saúdo

 

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 PARA O CURSO 2020-21

Estimados membros da comunidade educativa:

Adxunto enviamos o Plan de Adaptación do Protocolo COVID-19, MODIFICADO RECENTEMENTE, para este curso. 

O ANPA fixo un borrador do protocolo, con respecto ao servizo de madrugadores, ludoteca...que unha vez revisado e aprobado no Consello Escolar poñeremos como anexo ao devandito Plan.

Comunicarvos tamén, que este Plan de Adaptación non é pechado, polo que en calquera momento, pode modificarse algún punto por parte dos membros do Equipo Covid. A nova información irase actualizando na páxina web do centro. Grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut