Skip to Content

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias,

lembrarvos que o 4 de novembro de 2024 foi autorizado por Dirección Territorial como DÍA NON LECTIVO no noso centro, polo que NON haberá clase. O centro PERMANECERÁ PECHADO.

 

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR PRIMEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias,

deixámosvos o menú do comedor PARA TODO O PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE CURSO 2024-25.

 

Un saúdo

A dirección

AUTODECLARACIÓN COMEDOR CURSO 2024-25

Estimadas familias:

No mes de xuño, desde o centro, enviouse un documento de actualización de datos para saber que servizos (comedor e transporte) ía utlizar o alumnado no curso 2024-25.

Para aquelas familias que o entregáchedes asinado e marcáchedes a opción de comedor, debedes cubrir os documentos que se adxuntan a continuación (ESPECIFICAR TAMÉN OS DÍAS DE DITO SERVIZO) e entregalo no centro ANTES DO 11 DE SETEMBRO DE 2024, en horario de 08:30hs a 14:30hs.

Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dunha semana de xeito continuado (2 días mínimo) non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, serán suspendidos pola dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.

Un saúdo 

A dirección

 

URXENTE. BECAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO

Estimadas familias:

Deixámosvos  instrucións para solicitar a beca para ACNEAE.

O prazo remata o 13 de setembro.

ACCESO DIRECTO PARA CUBRIR A SOLICITUDE (pinchar no enlace 

https://sede.educacion.gob.es/portada.html)

 

Un saúdo

A dirección

LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias,

adxunto tedes o listado de libros para o curso 2024-25 (só para o alumnado NON beneficiario de FONDOLIBROS). 

Lembrade que o prazo para solicitar dita axuda, remata o 21 de xuño de 2024.

Un saúdo

A dirección

PARTICIPACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E VALES MATERIAL CURSO 2024-25

Estimadas familias,

mañá 21 de maio de 2024 abre o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a compra de libros e material escolar. O prazo remata o 21 de xuño de 2024.

En anexos, tedes toda a información que precisades.

A solicitude será cuberta e presentada por Sede Electrónica (xa ditan instrucións para facelo) .

As familias, con dificultade para solicitar a axuda de xeito telemático, cubrirán o ANEXO I e ANEXO II e xunto ca documentación requerida entregarase no centro.

Un saúdo

A dirección

AYUDAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO EDUCATIVO

Estimadas familias,

deixámosvos adxunto información recibida das axudas para acneae.

As solicitudes tanto de axudas como de subsidios cumplimentaranse mediante o formulario accesible por internet na seguinte dirección:

www.educacionyfp.gob.es ou a través da Sede  Electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es.

Deixamos enlace con isntrucións para cubrir a beca:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

O prazo de presentación de solicitudes abrangará desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de septiembre de 2024, ambos inclusive

Un saúdo

A dirección

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Estimadas familias,

comunicarvos que o alumnado que solicitou praza no noso centro para o curso 2024-25, está ADMITIDO.

No taboleiro de anuncios ao carón do despacho de secretaría, están expostos os listados.

Lembrarvos que a formalización da matrícula, será do 20 ao 30 de xuño.

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR 3º TRIMESTRE

Estimadas familias, deixámosvos o menú de comedor do 3º trimestre.

Un saúdo 

A dirección

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

Estimadas familias, o 10 e 11 de abril levaranse a cabo no centro as probas de avaliación diagnóstica para o alumnado de 4º de primaria. Estas probas avalían o nivel de competencias adquiridas polo alumnado de dito curso.

SON OBRIGATORIAS para os e as nenas QUE ASISTAN ao centro nas datas mencionadas anteriormente. 

Un saúdo

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut