Xenial traballo exposto e traballado en todas as clases.... Coñecemos a biografía da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018 da man dos nosos excelentes artistas...
O pasado venres 20 de abril tivemos a fortuna de manter unha videoconferencia dende o centro neurálxico da NASA en Pasadena (California), do Jet Propulsion Laboratory, da man de Fernando Abilleira, Enxeñeiro Aeroespacial e responsable de múltiples misións e actualmente, do proxecto Insight, que sairá o 5 de maio de 2018 con dirección Marte para averiguar se houbo vida nalgún momento no Planeta Vermello.
Ademais da súa vida profesional e proxectos, e de facer unha maxistral exposición, Fernando falounos da importancia do esforzo e fixo boa a afirmación do profesor Howard Gardner: "Un excelente profesional, ten que ser unha excelente persoa", e o noso amigo Fernando cumple os dous requisitos.
Quedamos con unha das súas frases, destinadas aos nosos nenos e nenas: "Descubride o que vos gusta, facédeo e con motivación e esforzo todo se consigue". Destacar que él afirmou que o seu traballo gústalle tanto, que para él é unha diversión.....
Fernando foi un exemplo de traballo, excelencia, motivación e ilusión para o noso alumnado.
Momento da videoconferencia no que os alumnos e alumnas de O Ramo lle fixeron varias preguntas a Fernando...
Foto de Fernando Abilleira (Fonte: Nasa profile), cun robot similar ao Curiosity...
Eiquí tedes o vídeo, publicado na nosa TV Educativa: O Ramo Producións, que se emitiu en directo para todos os nosos seguidores.... Queremos agradecer moi sinceramente aos varios colexios e entidades que seguiron a emisión en directo.....
Queremos agradecer a Fernando Abilleira e ao Jet Propulsion Laboratory (NASA) a súa colaboración e participación no noso programa Cóntame o que Sabes¡¡¡¡ Foi un auténtico privilexio e un día moi especial para a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe O Ramo... Os ollos dos nosos nenos e nenas brillaron con moita ilusión e gañas de divertirse e aprender¡¡¡
Durante este curso vimos de recibir o premio PFPP á formación do profesorado da nosa escola, con Mención Honorífica, do cal nos sentimos moi orgullosos, xa que, coma sabedes, non só é un premio ao profesorado, senón ao noso alumnado e a vós as familias e amigos, que tanto colaborades con nós. GRAZAS por todo¡¡¡
Eiquí deixámosvos a Felicitación a toda a Comunidade Educativa do noso Conselleiro de Cultura, Educación e O.U., que reproducimos aquí, xa que é para todos vos...
Estamos moi felices, xa que os Premios se disfrutan mais cando os conseguimos todos: Alumnos e Alumnas, Familias e Mestras.... Grazas a todos polo voso traballo no principal obxectivo: O crecemento e desenvolvemento en total benestar personal, emocional e social dos nosos nenos e nenas...
Lembramos o noso lema : Somos un equipo¡¡¡. E unha escola Viva en constante cambio positivo, froito da participación e aportacións da súa Comunidade Educativa...
E debido a que este premio de Formación, ten relación coa nosa TV Educativa, eiquí deixamos o noso último vídeo, colgado en O Ramo Producións... Realizado por mestres e alumnos...
Deixamos aquí algunha noticia de prensa, do mes de novembro, cando se fallou provisionalmente o Premio de Formación...
Grazas familias, pola vosa colaboración, e sigamos incansables promovendo e favorecendo o desenvolvemento dos nosos nenos e nenas... Desfrutade do Premio, xa que é todo voso¡¡¡
Dende O Ramo Producións, a nosa TV Educativa, estreamos este vídeo que recolle a inauguración da milla escolar por parte das nosas amigas Melina e Camila Alonso, e o discurso de ánimo e promoción do deporte na nosa vida...