Skip to Content

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Xurdiron dúbidas, coas persoas que leron as NOFC publicadas na páxina web, con respecto ao horario de entrada e saída do alumnado do centro.

Lembrarvos que as Normas de Organización, funcionamento e convivencia ( NOFC), modifícanse cada dous ou tres cursos.

No devandito documento, aparece a hora de entrada e saída, que sempre tivo e seguirá tendo o centro, cando xa, non haxa pandemia.

NESTE CURSO 2020-21, SEGUIREMOS CO HORARIO ESTABLECIDO  DENDE O 11 DE SETEMBRO (non hai ningún cambio).

Un saúdo. 

A directora

HORARIO ENSINO NON PRESENCIAL

Bo día:

Adxunto, deixámosvos, tal e como nos require a Consellería de Educación, o horario non presencial (videoconferencia) para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, no caso de houber confinamiento dunha ou varias aulas ou da totalidade do centro.

Lembrarvos que é de obrigado cumprimento. Dito horario, engadiráse ao Plan de adaptación Covid que tedes na marxe esquerda, desta páxina web, para que poidades consultalo en calquera momento.

O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, traballarán se fose o caso, ca aula virtual.

A día de hoxe, non temos ningún gromo no centro, polo que queremos darvos as grazas polo ben que o estades a facer e grazas tamén, pola vosa comprensión tanto co equipo directivo coma co claustro, nestes momentos tan difíciles para toda a comunidade educativa do noso cole.

Unha aperta.

A directora

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMIENTO E CONVIVENCIA(NOFC)

Bo día:

Adxunto tedes as NOFC (normas de organización, funcionamento e convivencia), modificadas e actualizadas, do noso centro.

Incluiránse dentro do Plan de adaptación Covid-19, que tedes nesta páxina web para que poidades consultalas en calquera momento. 

Todos os membros da comunidade educativa, deben ser coñecedores das devanditas normas.

Un saúdo

A directora

SUBVENCIÓNS ÁS FAMILIAS PARA A FESTIVIDADE DE REIS 2020

Bo día:

Adxunto tedes un folleto informativo de interese para vós, do Concello de Fene.

Un saúdo.

A directora.

RECORDATORIO AUTORIZACIÓNS 2020-2021

Bo día:

Adxunto facilitamos de novo as autorizacións para aquelas familias que aínda non as presentáchedes ou que tedes algunha pendente de entregar.

Lembrade que deberedes envialas asinadas ao correo electrónico do centro (ceip.oramo@edu.xunta.gal) e de poder ser, en pdf (xa que as que enviades como imaxe, danos erro en moitas ocasións)

Pregamos por favor, nolas enviedes canto antes, xa que afectan á organización do centro.

Grazas

Un saúdo

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO

Bo día:

Adxunto tedes o menú do comedor, para o mes de novembro.

Un saúdo.

A directora

DÍA NON LECTIVO

Bo día:

Lembrarvos que o LUNS, 2 DE NOVEMBRO, NON haberá clase, por ser día NON LECTIVO, no CEIP Plurilingüe O Ramo.

O centro, permanecerá pechado.

Un saúdo

A directora

CARTA Á COMUNIDADE EDUCATIVA

Nestes tempos tan difíciles nos que debemos coidarnos e ser responsables, dende o equipo directivo agradecemos a labor que están a facer todas e cada una das persoas que forman parte desta comunidade educativa. Sendo responsables, respectando as medidas e cortando os contactos que se poidan traducir en contaxio, é o único que podemos facer agora mesmo, para evitar a transmisión do virus.

Debemos pensar no centro como nunha familia, xa que durante moitas horas do día estamos no mesmo edificio compartindo experiencias, coñecementos, inquedanzas e moitos sorrisos. Todo isto con distancia, moita limpeza e ventilación, para que cando vaiamos para casa, non sexamos ningún risco para nós nin para as persoas que queremos.

Pero independentemente das medidas que tomemos, temos que ser doblemente responsables: coidarnos e non expoñernos en situacións nas que poidamos ser contaxiados ou contaxiar a alguén, tanto dentro como fóra do centro. 

Aínda que no centro temos 1 caso positivo, Xefatura Territorial de Sanidade, comunicounos hoxe, 22 de outubro de 2020, que non proceden os contactos estreitos, porque o positivo en COVID-19, leva tempo sen acudir ao centro (considéranse contactos estreitos, aquelas persoas que estiveron en contacto cun positivo, 48hs previas á PCR. Xustificación avalada pola Consellería de Sanidade)

Queremos dicir que o noso centro, é un espazo seguro. E soamente pode selo se todos e todas somos conscientes das medidas que debemos cumprir tanto dentro como fóra mesmo. 

Un saúdo,

 A directora

O MAGOSTO E O SAMAÍN NO COLE

Estimadas familias:

Informámosvos que, despois do éxito da Festa da Benvida coa que esperamos que os nen@s desfrutaran, queremos continuar coas nosas tradicións.  Polo tanto agora, tócalle o turno ao Magosto e Samaín.

Para iso temos que solicitar a vosa colaboración.

Dentro das actividades que estamos a preparar, e xa que non podemos adornar as cabazas como viñamos facendo ao longo destes anos, haberá unha exposición de fotos.

Por iso pedímosvos que realicedes na casas algunha actividade típica destas datas cos vos@s fill@s: apañar castañas, sobremesas típicas, adornar unha cabaza,  facer alguna manualidade,…o que se vos ocorra, e que nos mandedes unha foto realizándoa.

A exposición estará na entrada do cole para que o alumnado poida ver o que fixeron os compañeiros/as.

Pregámosvos que as enviedes polos nenos/as, antes do mércores 28 de outubro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 O Equipo de AAEE e o EDLG

AVISO AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Hoxe pola mañá comunicáronnos 1 caso positivo COVID dun alumno/a do noso centro. 

Despois de que Xefatura Territorial de Sanidade recabara toda a información, INFÓRMANNOS que NON houbo contactos estreitos con dito alumno/a (xa que non estuvo no centro 48 hs antes de facer a PCR), polo que o mesmo deberá seguir funcionando con total normalidade.

Entendemos a vosa preocupación, pero pola lei de protección de datos 15/99, non podemos facilitar información da aula nin do alumno/a en cuestión. 

Queremos transmitirvos serenidade e que saibades, que calquera información que teñamos, sempre vola comunicaremos.

Un saúdo.

O equipo directivo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut