Skip to Content

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Estimadas familias:

Como xa sabedes, o Entroido é unha das festas máis destacadas e celebradas do CEIP Plurilingüe O Ramo. Aínda que este ano non o poderemos levar a cabo como vén sendo tradicional e as familias non poderedes asistir ao festival, imos ceebralo cos nen@s igualmente, adaptando as actividades á situación actual. O  fío condutor deste ano será :

“O Eurovirus: todos contra o Covid”

Trátase de facer unha especie de “Festival de Eurovisión”no que cada clase se disfrazará dun país, previamente escollido. Cada titor/a informaravos do material que precisan os nen@s para disfrazarse.

O que si vos imos pedir é que o venres 12 de febrero lles mandedes unha merenda típica do Entroido.

Grazas pola vosa colaboración

Os equipos de AAEE e Dinamización

FASE DE RESERVA IES ADSCRITO - ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022 (6º Educación Primaria)

Estimadas familias:

Informámosvos que, segundo o disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado,  xa está aberto o prazo para presentar a solicitude de

 RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO ADSCRITO. (O instituto adscrito a este centro é o I.E.S de Fene)

Dito prazo comprende do 11 de xaneiro  ao 8 de febreiro.

- Aqueles que  desexedes que presentemos a reserva dende o centro, debedes entregar a solicitude de reserva que vos enviamos (anexo I) debidamente cuberto e asinado.

Poderedes entregalo na secretaría do centro (ou envialo na mochila do neno/a) con data límite o  5 de febreiro ou podedes facelo electrónicamente a través da aplicación (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

 

- Aqueles que NON queirades que presentemos a reserva dende o centro, debedes cubrir e asinar o documento de renuncia (anexo II)  e entregalo no centro polas mesmas vías propostas anteriormente.

 

Calquera dúbida, na secretaría do centro estamos á vosa disposición.

Aquí podedes acceder a toda a información relativa ao procedemento e á lexislación de interese.

 

Grazas.

Un saúdo

SERVIZO DO COMEDOR.MENÚ XANEIRO

Bo día:

Adxunto déixovos o menú do mes de xaneiro. 

Desexarvos a tod@s un feliz ano novo, cheo de sorrisos e moita saúde. Lembrade: sempre con sentidiño!

Un saúdo.

A directora

AVISO DA ANPA ÁS FAMILIAS

Boas familias!

Como cada ano por estas datas Verdegaio colabora coa ANPA facendo unha foto de Nadal aos nos@s nen@s.

As familias que querades unha copia desta foto, que é totalmente gratuita, por favor enviade un correo á ANPA anpaceiporamo@gmail.com indicando no correo o nome d@s vos@s fill@s e o curso escolar.

Un saúdo. ANPA O RAMO

NADAL NO RAMO

Estimadas familias:

Informámosvos que o vindeiro martes 22 de decembro, festexaremos o Nadal con diversas actividades.

Unha delas será tomar as uvas ao compás das 12 campanadas.

Para iso pedímosvos que lles mandedes aos nenos/as, o que vós consideredes máis oportuno: uvas (cortadas para os máis peques), lacasitos, arándanos, ositos haribo...

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

A directora

 

AVISO ÁS FAMILIAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bos días:

O LUNS 14 DE DECEMBRO, o/a alumno/a que teña 2  PCR feitas con resultado NEGATIVO,  deberá volver ao centro e seguir as clases con normalidade.

Aquel neno/a que non teña a 2ª  PCR FEITA, non poderá incorporarse o luns e farao o mércores, 16 de decembro.

Un saúdo.

A directora

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Comunícolles que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.

Aula de 5º de educación infantil (4 anos).

Ata o momento detectouse 1 caso.

O  SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao  tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso.

A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas  inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

• Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.

• Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha  PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.

• O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19

[ pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

• Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Podedes atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS.

Reciban un cordial saúdo,

A directora

 

 

AVISO ÁS FAMILIAS

Bo día:

Lembrárvos que o LUNS 7 de decembro, é día NON LECTIVO no solo cole, polo que permanecerá pechado.

Vémonos o día 9.

Un saúdo.

A directora.

ANPA. AVISO A TODAS AS FAMILIAS DO COLE

A ANPA está organizando con TEMPUS un campamento para conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, polo que precisamos coñecer a súa demanda e necesidades
O campamento conta con 25 prazas para socios e as sobrantes se ofertarán a familias non socias. Levarase a cabo nas instalacións do casino de Barallobre. Na seguinte ligazón tedes unha presentación coa información dispoñible ata o momento
https://view.genial.ly/5fb6a326465c0b6e9a737833/video-presentation-navidad
Os interesados (socios ou non socios) enviade un correo a anpaceiporamo@gmail.com indicando nº de prazas solicitadas; curso escolar; campamento completo/bono 5 días; servizos madruga e/ou comedor
Aclarar que os servizos madruga e comedor teñen un custe engadido á cota e son de acompañamento, non inclúen os menús de almorzo e xantar. Os nenos levarían o seu propio menú e alí se disporía do necesario para o seu consumo. No entanto, estamos estudando a posibilidade de servir almorzo e xantar.

AVISO FAMILIAS ALUMNADO COMEDOR

Estimadas familias:

Adxunto tedes o menú do comedor do mes de decembro.

Un saúdo.

A directora.

Distribuir contido


by Dr. Radut