Skip to Content

PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/16

Xa temos listo o programa de Actividades Extraescolares do curso 2015/16, aberto para todos aqueles nenos entre 3 e 12 anos que se queiran anotar. PROBADE a nosa semana de portas abertas, totalmente gratuíta do 21 ao 25 de setembro.

 

PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/16

Animádevos a probas as nosas estupendas AAEE na semana de portas Abertas. Tentamos que potencien o desenvolvemento do neno coa dirección pedagóxica das mesmas da nosa escola.

PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/16

FONDO LIBROS DE TEXTO Listaxe Provisional Admitidos

Infórmase aos solicitantes do Fondo de Libros de Texto, que todas as solicitudes para acceder ao mesmo foron admitidas. Os interesados poderán recoller os libros entre os días 16 e 17 de xullo ou pospoñer a súa recollida para principios de setembro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

En documento adxunto tedes publicados os libros de texto para o vindeiro curso 2015/16.

AS FAMILIAS DE 3º E 5º DE PRIMARIA NON COMPREDES OS LIBROS ATA TER NOTIFICACIÓN OU FALAR CON DIRECCIÓN.

Recibide un cordial saúdo.

FONDO LIBROS DE TEXTO alumnado de 3º e 5º de Primaria no vindeiro curso 2015/16.

Eiquí tedes unha nota informativa sobre o FONDO de LIBROS de TEXTO que sacou a consellería para o curso 2015-16.

SOLICITAMOS as familias do alumnado que neste actual curso 2014/15 teñan os seus fillos en 2º e 4º de primaria, e queiran solicitar axudas para libros de texto, acudan á reunión que teremos no cole o luns 15 ás 16 horas.

 

Somos centro Voz Natura.

Acabamos de ser selecionados para o vindeiro curso escolar 2015/16 coma centro Voz Natura para o noso proxecto HORTO ESCOLAR NO CEIP O RAMO, podedes consultar a convocatoria neste enlace. O vindeiro curso ademais de coma actividade extraescolar de horto contaremos en ciencias naturais co apoio da organización, materiais e comité científico que La Voz de Galicia, pon a disposición dos centros que forman parte desta rede.

AXUDAS LIBROS CURSO 2015/16 para alumnado de 1º,2º,4º e 6º

A consellería acaba de sacar as axudas para libros de texto para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de EP, as familias que vaiades a ter os vosos fillos nestes cursos o vindeiro ano académico 2015/16, podedes pasar pola secretaría do cole a pedir a documentación precisa para optar aos vales de libros de texto.

No PDF adxunto podedes atopar toda a información precisa sobre esto.

 

AS FAMILIAS DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIREDES INSTRUCIÓNS EN BREVE¡

PLAN DE CONVIVENCIA

Estimadas Familias:

Tedes o Plan de Convivencia o cal serviranos de moita axuda, para contribuir a un bo clima de convivencia no noso centro. 

Celebración do Maio

Como todos os anos dende o CEIP O Ramo facemos homenaxe ao Maio cunha ofrenda floral elaborada por todos os nosos nenos. As frores decoran a nosa escola celebrando a consolidación da primavera e o inicio dun novo cambio temporal con moita forza e ánimo para encauzar a recta final deste curso que inicia o seu fin...

 

Este ano, de acordo co noso proxecto de plástica e de biblioteca, relacionamos a celebración do maio coa homenaxe ao estilo do autor Keith Haring

Campaña pola seguridade vial

Hoxe levamos a cabo unha actividade sobre Educación Vial no parque de formación vial de Barallobre. Fomos escollidos polo concello e a DGT para unha actividade formativa na que ademais de aprender moitisimo, puidemos contar co asesoramento e resolución de dúbidas da xefa provincial de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro  o o capitán do subsector da Garda Civil da Coruña, Jesús del Río  o noso Alcalde, Gumersindo Feal, o Xefe da Policía Local de Fene e a Concelleira de Educaciòn, Juana Barro Couto.
Posteriormente enviamos unhas mensaxes sobre a importancia da Educaciòn e a seguridade vial, e fixemos unha solta de globos celebrando a xornada.

Destacar que esta actividade está promocionada, entre outras institucións pola ONU, da cal fomos escollidos para participar, o aprendizaxe foi interesantísimo, vendo a importancia de gardar as normas e ser consciente da seguridade vial coma conductores (coche, bici...) e coma peóns.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut