Skip to Content

NOFC(normas de organización, funcionamento e convivencia)

 

 Estimadas familias:

Deixámosvos as Normas de organización e funcionamento, aprobadas en Consello Escolar o 19 de setembro de 2022.

 

 

AVISO ÁS FAMILIAS

Bo día:

Tendes actualizado o Plan Xeral de Atención á diversidade.

Podedes atopalo no apartado CENTRO.

Un saúdo.

A directora

AVISO DA ANPA ÁS FAMILIAS

Bo día familias!
A ANPA elaborou esta enquisa para coñecer o voso grao de satisfacción co servizo do comedor. É unha enquisa  longa pero abarca todo o relativo ao comedor. Pregan que a cubrades con calma e consultando @s vos@s fill@s. Tedes de prazo ata o 9 de decembro.
Grazas pola vosa colaboración.
 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfQsbJCZ4uxdQ7y6fepur1fhvieUymKNEU0raNJGtBS3Zyu7g/viewform?vc=0&c=0&w=1&flr=0
 

AVISO ÁS FAMILIAS

Boas noites:

Lembrarvos que nesta páxina (dentro do Plan de adaptación Covid-19), tedes as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do colexio, nas cales especifícase o seguinte: " aquel alumno/a de primaria, que acceda ao centro, despois das 09:30 hs farao pola porta principal, agardando a que acceda todo o alumnado de infantil".

A puntualidade é moi importante sempre, pero este curso máis aínda, pola organización que temos, para unha maior seguridade.

Grazas a  tod@ s pola vosa colaboración.

A directora

REPARTO DE MASCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!

Publicada a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria. 

NON TEDES QUE PRESENTAR SOLICITUDE aquelas familias que fostes beneficiarias do vale de material de 50€ presentado en XUÑO . Ao centro xa nos constan estes datos e procederemos ao reparto das máscaras ás familias que fostes beneficiarias desta axuda.

PROTOCOLO ANPA COVID-19 2020-2021

Bo día:

Deixámosvos en archivo adxunto, o novo protocolo da ANPA.

Engadiráse aos documentos incluídos no Plan de adaptación Covid, do noso centro.

Un saúdo.

A directora.

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Xurdiron dúbidas, coas persoas que leron as NOFC publicadas na páxina web, con respecto ao horario de entrada e saída do alumnado do centro.

Lembrarvos que as Normas de Organización, funcionamento e convivencia ( NOFC), modifícanse cada dous ou tres cursos.

No devandito documento, aparece a hora de entrada e saída, que sempre tivo e seguirá tendo o centro, cando xa, non haxa pandemia.

NESTE CURSO 2020-21, SEGUIREMOS CO HORARIO ESTABLECIDO  DENDE O 11 DE SETEMBRO (non hai ningún cambio).

Un saúdo. 

A directora

HORARIO ENSINO NON PRESENCIAL

Bo día:

Adxunto, deixámosvos, tal e como nos require a Consellería de Educación, o horario non presencial (videoconferencia) para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, no caso de houber confinamiento dunha ou varias aulas ou da totalidade do centro.

Lembrarvos que é de obrigado cumprimento. Dito horario, engadiráse ao Plan de adaptación Covid que tedes na marxe esquerda, desta páxina web, para que poidades consultalo en calquera momento.

O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, traballarán se fose o caso, ca aula virtual.

A día de hoxe, non temos ningún gromo no centro, polo que queremos darvos as grazas polo ben que o estades a facer e grazas tamén, pola vosa comprensión tanto co equipo directivo coma co claustro, nestes momentos tan difíciles para toda a comunidade educativa do noso cole.

Unha aperta.

A directora

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMIENTO E CONVIVENCIA(NOFC)

Bo día:

Adxunto tedes as NOFC (normas de organización, funcionamento e convivencia), modificadas e actualizadas, do noso centro.

Incluiránse dentro do Plan de adaptación Covid-19, que tedes nesta páxina web para que poidades consultalas en calquera momento. 

Todos os membros da comunidade educativa, deben ser coñecedores das devanditas normas.

Un saúdo

A directora

SUBVENCIÓNS ÁS FAMILIAS PARA A FESTIVIDADE DE REIS 2020

Bo día:

Adxunto tedes un folleto informativo de interese para vós, do Concello de Fene.

Un saúdo.

A directora.

Distribuir contido


by Dr. Radut