Bo día:
Adxunto, deixámosvos, tal e como nos require a Consellería de Educación, o horario non presencial (videoconferencia) para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, no caso de houber confinamiento dunha ou varias aulas ou da totalidade do centro.
Lembrarvos que é de obrigado cumprimento. Dito horario, engadiráse ao Plan de adaptación Covid que tedes na marxe esquerda, desta páxina web, para que poidades consultalo en calquera momento.
O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, traballarán se fose o caso, ca aula virtual.
A día de hoxe, non temos ningún gromo no centro, polo que queremos darvos as grazas polo ben que o estades a facer e grazas tamén, pola vosa comprensión tanto co equipo directivo coma co claustro, nestes momentos tan difíciles para toda a comunidade educativa do noso cole.
Unha aperta.
A directora
Adxunto | Tamaño |
---|---|
HORARIOS ENSINO NON PRESENCIAL.pdf | 598.3 KB |