Bo día!
Publicada a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
- NON TEDES QUE PRESENTAR SOLICITUDE aquelas familias que fostes beneficiarias do vale de material de 50€ presentado en XUÑO . Ao centro xa nos constan estes datos e procederemos ao reparto das máscaras ás familias que fostes beneficiarias desta axuda.
- Aquelas familias que non fostes beneficiarias pero cumprides os seguintes requisitos, podedes presentala igualmente. Os requisitos son:
- Familias con rendas per cápita inferiores a 6000 euros e que por calquera circuntancia non a solicitaran en tempo e forma. Tómase como referencia a declaración do 2018 (casillas 432 + 460 divididos polos mebros da unidade familiar)
- O alumnado tutelado pola xunta
- Alumnado cunha discapacidade superios ao 65%
- O PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE É DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO
- LUGAR DE PRESENTACIÓN: Secretaría do centro solicitando cita previa ben telefonicamente ou por correo electrónico.
- DOCUMENTACIÓN: Anexo I e II (adxuntos ao final) cubertos e asinados por todos os membros computables da unidade familiar, copia do libro de familia, sentencia de separación ou divorcio de ser o caso, certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais se os membros computables da unidade familiar non se poden acreditar co libro de familia.
En próximas comunicacións informarémosvos do xeito de proceder ao reparto das máscaras a aquelas familias beneficiarias.
Un saúdo