Skip to Content

CARTA Á COMUNIDADE EDUCATIVA

Nestes tempos tan difíciles nos que debemos coidarnos e ser responsables, dende o equipo directivo agradecemos a labor que están a facer todas e cada una das persoas que forman parte desta comunidade educativa. Sendo responsables, respectando as medidas e cortando os contactos que se poidan traducir en contaxio, é o único que podemos facer agora mesmo, para evitar a transmisión do virus.

Debemos pensar no centro como nunha familia, xa que durante moitas horas do día estamos no mesmo edificio compartindo experiencias, coñecementos, inquedanzas e moitos sorrisos. Todo isto con distancia, moita limpeza e ventilación, para que cando vaiamos para casa, non sexamos ningún risco para nós nin para as persoas que queremos.

Pero independentemente das medidas que tomemos, temos que ser doblemente responsables: coidarnos e non expoñernos en situacións nas que poidamos ser contaxiados ou contaxiar a alguén, tanto dentro como fóra do centro. 

Aínda que no centro temos 1 caso positivo, Xefatura Territorial de Sanidade, comunicounos hoxe, 22 de outubro de 2020, que non proceden os contactos estreitos, porque o positivo en COVID-19, leva tempo sen acudir ao centro (considéranse contactos estreitos, aquelas persoas que estiveron en contacto cun positivo, 48hs previas á PCR. Xustificación avalada pola Consellería de Sanidade)

Queremos dicir que o noso centro, é un espazo seguro. E soamente pode selo se todos e todas somos conscientes das medidas que debemos cumprir tanto dentro como fóra mesmo. 

Un saúdo,

 A directora



page | by Dr. Radut