Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Estimadas familias:

Informámosvos que xa podedes recoller os libros de texto dos alumnos/as que cursen 3º ou 4º de educación primaria, o luns 9 e o martes 10 de setembro en horario de 10:00 a 14:00h. 

Os cursos de 5º e 6º de educación primaria traballarán no proxecto EDIXGAL, no cal, cada alumno/a disporá dun equipo informático que lle entragarán as titoras no centro unha vez comezado o curso.

SERVIZO DE MADRUGADORES CURSO 2019/20

Estimadas familias:

Xa temos listo o servizo de madrugadores para o vindeiro curso 2019/20. Este servizo comezará a funcionar o 11 de setembro de 2019, primeiro día de curso, e rematará o 19 de xuño de 2020.

Para calquera consulta estamos na Secretaría e Dirección do centro, no correo ceip.oramo@edu.xunta.gal ou nos teléfonos 881930137/38.

Como novidade este ano ofrecerase pan e froita, a maiores dos produtos do curso pasado: leite, zume e cereais, galletas ou magdalenas.

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA - FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Estimadas familias:

Informámosvos que tedes publicada a listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de Primaria) no taboleiro do centro e na aplicación fondo libros (para solicitudes por vía telemática). Aqueles que non teñades concedidos todos os libros, e esteades na lista de admitidos, serán aportados polo centro educativo, tal e como reflicte a nosa política de apoio ás familias recollida no noso P.E., que podedes consultar nesta mesma páxina.

 

AXUDAS-VALES PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias, xa podedes recoller no centro os vales para libros de texto e material escolar. Lembrade que é preciso que o recolla a persoa solicitante (pai/nai/titor legal do alumnado).

Horario de atención: de 10:00 h. a 14:00 h. durante o mes de xullo.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL - FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Estimadas familias, informámosvos que tedes publicada a listaxe provisional de admitidos do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de Primaria) no taboleiro do centro e na aplicación fondo libros (para solicitudes por vía telemática).

Prazo de reclamación: Do 12 ao 15 de xullo.

Un saúdo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS A COMEDOR CURSO 2019-2020

Estimadas familias:

Unha vez rematado o prazo de alegacións podedes consultar a listaxe definitiva de admitidos a comedor no taboleiro de anuncios. A listaxe non sufriu modificacións en relación á listaxe provisional. Tendo en conta que quedou alumnado en lista de espera o centro procederá a solicitar un aumento de prazas.

Un saúdo.

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS DE COMEDOR

 

Estimadas familias:

Xa está publicado no taboleiro de anuncios do centro o listado de alumnado admitido para comedor o vindeiro curso.

En caso de presentar alegacións tedes ata o vindeiro 5 de xullo.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2019-2020

Estimadas familias:

No documento adxunto tedes o listado de libros de texto que empregaremos o vindeiro curso.

Aproveitamos para desexarvos un feliz verán.

 

ADMISIÓN 2019-2020

 

O 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos, regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013, a Orde de 25 de xaneiro de 2017 e polo Decreto 254/2012. Aqueles que estean interesados deberán presentar no centro:

  • Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, que se facilitará no centro. Tamén se pode descargar da páxina web da consellería. A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

  • No caso de que o alumno/a proceda doutro centro será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2018-19.

  • Ademais, segundo a Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderase solicitar admisión no centro educativo por vía telemática, dando cumprimento a nova lei 39/2015 de procedemento administrativo común.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

O prazo de entrega das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

Tal e como recolle a normativa actual, recordámosvos que:

  • Cada alumno/a so pode presentar unha única solicitude no centro onde solicita praza en primeiro lugar. De non ser así perderá os dereitos de prioridade que lle corresponden.

  • O alumnado que quere permanecer no mesmo centro ten garantida a praza nese centro. De querer cambiar de centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.

  • Para os alumnos/as que pasan a 1º da ESO recordarvos que estamos adscritos ao IES de Fene.

  • Os Servizos Complementarios do centro son:

Comedor, xestionado pola consellería.

Transporte gratuíto dende Maniños, todo Barallobre, Magalofes e Perlío.

Ampla oferta de Actividades Extraescolares: patinaxe, obradoiro de cociña, ximnasia rítmica, robótica, fútbol sala, zumba, baile moderno e proxecto Voz Natura, entre outras.

Servizo de Madrugadores,xestionados polo centro e o ANPA.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/19

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/19

 

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

 

Xa están deseñadas as Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2018/19, que se ampliarán en algunha actividade mais que solicitastes..... Eiquí podedes consultar a oferta..... Lembrade son abertas para todos os nenos entre 3 e 12 anos da comarca de Ferrolterra.... Vide probar e coñecernos¡¡¡

 Para calquera consula, coma sabedes estamos na Secretaría e Direción do centro, coma sempre e no correo: ceip.oramo@edu.xunta.es, ou nos teléfonos: 881930137/38 - 981101007

Distribuir contido


by Dr. Radut