Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL - FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Estimadas familias, informámosvos que tedes publicada a listaxe provisional de admitidos do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de Primaria) no taboleiro do centro e na aplicación fondo libros (para solicitudes por vía telemática).

Prazo de reclamación: Do 12 ao 15 de xullo.

Un saúdo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS A COMEDOR CURSO 2019-2020

Estimadas familias:

Unha vez rematado o prazo de alegacións podedes consultar a listaxe definitiva de admitidos a comedor no taboleiro de anuncios. A listaxe non sufriu modificacións en relación á listaxe provisional. Tendo en conta que quedou alumnado en lista de espera o centro procederá a solicitar un aumento de prazas.

Un saúdo.

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS DE COMEDOR

 

Estimadas familias:

Xa está publicado no taboleiro de anuncios do centro o listado de alumnado admitido para comedor o vindeiro curso.

En caso de presentar alegacións tedes ata o vindeiro 5 de xullo.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2019-2020

Estimadas familias:

No documento adxunto tedes o listado de libros de texto que empregaremos o vindeiro curso.

Aproveitamos para desexarvos un feliz verán.

 

MÓVETE MÁIS, ALIMÉNTATE MELLOR. PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (DAFIS)

MÓVETE MÁIS E ALIMÉNTATE MELLOR

 

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) – DAFIS

 

            Este curso participamos novamente en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), unha ferramenta ao amparo do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte que permite aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física, no noso caso, do alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe O Ramo.

            DAFIS implantouse nos centros educativos de Galicia no 2012-2013 como ferramenta de seguimento da saúde do alumnado e para avaliar a eficacia das actuacións recollidas nos Proxectos de Vida Activa. En 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como o mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da Actividade Física no ámbito escolar.

            O éxito do noso PDC “Móvete máis e aliméntate mellor” é unha realidade e o comprobamos a través desta ferramenta (DAFIS). Pasamos do curso 2016/2017 dun 38´6% de sobrepeso + obesidade a un 35´5% no 2018/2019, despois de implementar un proxecto de vida activa e saudable no noso centro educativo. Dentro destas porcentaxes, a obesidade reduciuse dun 20% no 2016/2017 a un 14´4% no 2018/2019. Nas gráficas que se achegan aparece algún exemplo do IMC (índice de masa corporal) por idades.

            Parabéns rapazas e rapaces do Ramo. Vos animamos a  continuar practicando actividade física no noso centro e nas vosas horas de lecer, así como a seguir unha dieta variada e equilibrada. Grazas polo voso esforzo diario.

 

 

ADMISIÓN 2019-2020

 

O 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos, regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013, a Orde de 25 de xaneiro de 2017 e polo Decreto 254/2012. Aqueles que estean interesados deberán presentar no centro:

  • Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, que se facilitará no centro. Tamén se pode descargar da páxina web da consellería. A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

  • No caso de que o alumno/a proceda doutro centro será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2018-19.

  • Ademais, segundo a Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderase solicitar admisión no centro educativo por vía telemática, dando cumprimento a nova lei 39/2015 de procedemento administrativo común.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

O prazo de entrega das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

Tal e como recolle a normativa actual, recordámosvos que:

  • Cada alumno/a so pode presentar unha única solicitude no centro onde solicita praza en primeiro lugar. De non ser así perderá os dereitos de prioridade que lle corresponden.

  • O alumnado que quere permanecer no mesmo centro ten garantida a praza nese centro. De querer cambiar de centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.

  • Para os alumnos/as que pasan a 1º da ESO recordarvos que estamos adscritos ao IES de Fene.

  • Os Servizos Complementarios do centro son:

Comedor, xestionado pola consellería.

Transporte gratuíto dende Maniños, todo Barallobre, Magalofes e Perlío.

Ampla oferta de Actividades Extraescolares: patinaxe, obradoiro de cociña, ximnasia rítmica, robótica, fútbol sala, zumba, baile moderno e proxecto Voz Natura, entre outras.

Servizo de Madrugadores,xestionados polo centro e o ANPA.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/19

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/19

 

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

 

Xa están deseñadas as Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2018/19, que se ampliarán en algunha actividade mais que solicitastes..... Eiquí podedes consultar a oferta..... Lembrade son abertas para todos os nenos entre 3 e 12 anos da comarca de Ferrolterra.... Vide probar e coñecernos¡¡¡

 Para calquera consula, coma sabedes estamos na Secretaría e Direción do centro, coma sempre e no correo: ceip.oramo@edu.xunta.es, ou nos teléfonos: 881930137/38 - 981101007

SERVIZO DE MADRUGADORES CURSO 2018/19

Estimadas familias:

Xa temos listo o servizo de madrugadores para o vindeiro curso 2018/19. Este servizo coma é habitual comezará a funcionar o 12 de setembro de 2018, o primeiro día de curso ata o 21 de xuño de 2019, ultimo día do mesmo con total normalidade.

Para calquera consula, coma sabedes estamos na Secretaría e Direción do centro, coma sempre e no correo: ceip.oramo@edu.xunta.es, ou nos teléfonos: 881930137/38 - 981101007.

Eiquí tedes as tarifas e condicións, que se manteñen coma o pasado curso...

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2018/19

Estimadas Familias:

A continuación podedes consultar as listaxes definitivas de Fondo Libros (anexadas en PDF), para o vindeiro curso 2018/19. Aqueles que non teñades concedidos todos os libros, e esteades na listaxe de admitidos, serán aportados polo centro educativo, tal e coma reflicte a nosa política de apoio as familias reflectida no noso P.E., que podedes consultar nesta mesma páxina....

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, será chamado dende secretaría para recoller os cheques de libros e axudas libros (neste último caso para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, tamén).

Calquera dúbida atoparédesnos na secretaría do centro de 9:30 a 14:30 horas, nos teléfonos do cole 881930137/38, no mail ceip.oramo@edu.xunta.es ou no teléfono directo 981101007

ADMISIÓNS COMEDOR CURSO 2018/19

Estimadas familias:

No seguinte documento podedes ver as admisións para o servizo de comedor durante o curso 2018/19 . Os que estades en listaxe de espera, non vos preocupedes, probablemente contaremos con mais prazas a principios de curso e todos poderedes desfrutar deste servizo..... (Adxunto podedes consultar a listaxe en pdf)

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nos no centro de 9:30 a 14:30, nos teléfonos e correos da nosa escola e no teléfono de atención 981101007....

Distribuir contido


by Dr. Radut