Seguindo a publicación do DOG do 6 de maio de 2020, restablécese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. O centro permanecerá aberto das 10:00 ás 13:30 horas. Aqueles que estean interesados deberán presentar no centro:
-
Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, que se facilitará no centro. Tamén se pode descargar da páxina web da consellería. A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
-
Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.
-
No caso de que o alumno/a proceda doutro centro será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2019-20.
-
Ademais, segundo a Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderase solicitar admisión no centro educativo por vía telemática, dando cumprimento a nova lei 39/2015 de procedemento administrativo común.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action
O prazo de entrega das solicitudes, vía telemática ou presencial, será do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos.Os que presentaron a solicitude de admisión, antes da declaración do estado alarma, xa teñen o trámite realizado.
Tal e como recolle a normativa actual, recordámosvos que:
-
Cada alumno/a so pode presentar unha única solicitude no centro onde solicita praza en primeiro lugar. De non ser así perderá os dereitos de prioridade que lle corresponden.
-
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (remitindo copia da solicitude de admisión presentada no novo centro).
-
A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.
Os Servizos Complementarios do centro son:
- Comedor, xestionado pola consellería.
- Transporte gratuíto dende Maniños, todo Barallobre, Magalofes e Perlío.
- Ampla oferta de Actividades Extraescolares..
- Servizo de Madrugadores, xestionados polo centro e o ANPA.
Os novos prazos do proceso son:
-
Publicación das listaxes provisionais: antes do 9 de xuño de 2020.
-
Reclamacións contra as listaxes provisionais: 3 días hábiles dende a publicación.
-
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
-
Formalización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo de 2020.