Skip to Content

Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

A Orde do 27 de marzo (adxunto) establece as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19. Seguindo esta orde informamos do seguinte:

 

BENEFICIARIOS:

  • Usuarios de comedor con gratuidade total.

  • Usuarios de comedor semigratuito, con pago de 1 € diario por prestación do servizo.

 

IMPORTE DAS AXUDAS:

  • 2´50 € nos casos de gratuidade total por cada día lectivo de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas poloa pandemia do COVID-19.

  • 1´50€ nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer 1 € pola prestación do servizo.

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • A solicitude será única por familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares que sexan comensais gratuitos e semigratuitos dun euro.

  • Prazo de presentación: dende hoxe, 31 de marzo de 2020, ata o 6 de abril incluído.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ED601B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365(https://sede.xunta.gal/Chave365 )

 

Se algunha familia ten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos o equipo directivo do centro poderá colaborar. Para iso precisamos que enviedes un correo electrónico ao centro (ceip.oramo@edu.xunta.gal) solicitando que tramitemos a axuda e aportando a ser posible o formulario normalizado cuberto (ED601B). De non ser posible deberán aportar os seguintes datos:

  • Nome, apelidos e curso do alumno beneficiario.

  • DNI, nome e apelidos do responsable e titular da conta.

  • Número de conta bancaria no que quere recibir o aboamento da axuda.

AdxuntoTamaño
Axudas_comedores.pdf647.02 KB


page | by Dr. Radut