TERTULIAS DIALÓXICAS - HORA DE LER #Clubsdelectura #Horadeler #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Nas tertulias dialóxicas de 2ºC están lendo
"O teu corpo é teu" de Lucía Serrano,
para reflexionar sobre o bo trato, coñecer o nome
das partes do noso corpo e aprender a coidarnos e coidarse.
BANDA DE GAITAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #IesPuntaCandieira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
CHAVEIROS AO FORNO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Alumnado de 2ºB lanzouse a unha actividade de xoiería
pero na cociña da biblioteca! Realizaron uns chaveiros moi
divertidos cun plástico máxico apto para o forno.
O resultado foi inmellorable!!
APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal
O alumnado do 6ºC desprazouse ata o taller no que traballa Apader
(Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual), onde
realizaron guiados por profesorado e alumnado un obradoiro de
creación e encuadernación de libretas. Unha actividade que tende
pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso,
creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de
intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos.
Cousas bonitas que medran.
Agradecer á asociación o seu recibimento e atención.
PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra.
Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden
verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.
AS AVOAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Dentro do proxecto "Música, maestro" temos diversas gravacións,
unha delas é ás avoas máis marchosas da vila! Aquí temos un pequeno
anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.
Vivamos como cedeireses! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Os nenos e nenas de 1º ciclo saíron á Serra da Capela e a San Andrés de Teixido para visitar o seu patrimonio e pasar un bo rato todos xuntos!
ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior.
Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo
de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata
conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta,
quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...
Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas,
nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.
AULA SENSORIAL - BACH #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #AulaSensorial #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Documentándonos sobre Luisa Villalta descobremos que unha das
pezas preferidas da autora é de Bach, ningunha crianza o coñece,
así que decidimos xuzgar por nós mesmos se a súa música é tan boa
como ela afirma. Decidimos que non hai mellor espazo que a aula sensorial,
un sitio tranquilo, cheo de luces ténues que axudan a descansar e desconectar.
Tentamos chegar a ese punto de relaxación que nos
permita esquecer todo e abrazar as notas musicais.
Bach gústanos, é música clásica, pero pequenas e pequenos din que parece
rock polo rápido que van algunha das pezas. Aínda que aprendemos que a preferida
de Luisa é a Partitura nº2 para violín só de J.S. Bach nós non concordamos é
gústannos máis outras do autor.
Descobrer outras formas de encher a nosa vida e identificar o que nos gusta e o que non;
ser quen de transmitilo é unha aprendizaxe emocional que toda crianza ten que desenvolver.
VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro,
neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario.
Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo,
o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores.
Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo
e cambiante, nesta obra de cinco actos.
Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos,
cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »