FIN DE CURSO
Despois dun ano complicado, rematamos o curso 2020/2021 cunha xornada moi especial. Grazas á colaboración da nosa ANPA puidemos desfrutar unha mañá chea de xogos, bailes e moitas sorpresas!
BO VERÁN A TODOS E TODAS!
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2021/2022
No DOGA do 20 de Maio de 2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.
- FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria. Mantéñense os libros de 3º e 4º de EP do curso 2020/2021.
- AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.
- MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 6.000€.
O alumnado de 5º e 6º de EP, que participan no programa de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/2022 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
O prazo para presentación da solicitude é ata o 22 de xuño de 2021. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:
Gañadores/a do I Concurso de Debuxo e I Certame narrativo
Os nosos alumnos Hugo Pérez e Xandre Pérez e a nosa alumna Celia Martínez foron galardoados/a no I Concurso Infantil de Debuxo e I Certame Infantil narrativo, convocado pola Asociación de Mulleres Cabanas Rural. Os nosos parabéns tanto para os/a gañadores/a como para todos e todas os/as participantes polos seus traballos que mereceron grandes eloxios por parte do xurado destes certames. Agardamos repetir o vindeiro ano!
18 de maio - Día non lectivo
Lembramos que o próximo martes 18 de maio será día non lectivo escollido polo centro, polo tanto non haberá clase. Deste xeito, a actividade lectiva reanudarase o mércores 19.
Día das Letras Galegas
Este ano, o Día das Letras Galegas adícaselle a Xela Arias e dende o cole quixemos homenaxear a esta escritora, traductora, editora, profesora e defensora da nosa lingua con este fermoso mural.
Xela Arias
Covid-19
Comunicámoslles que se confirmou un novo caso da Covid-19 no noso centro .
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas realizouse un estudo dos contactos próximos, cos cales xa contactou o Centro de Seguimento de Contactos indicándolles as pautas que deben seguir nos próximos días.
O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.
Poden atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2021/2022, informamos que todo o alumnado que solicitiou praza no noso centro está admitido.
Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »