XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

SE QUERES MATRICULAR Ó/Á TEU FILLO/A NA NOSA ESCOLA

VEN A COÑECERNOS!

UN DESEXO SOLIDARIO

 

Onte, luns 31 de xaneiro, o alumnado de sexto de educación primaria fixo entrega ao Concello de A Capela dos alimentos que a Comunidade Educativa aportou o Día da Paz para cumprir o noso desexo solidario. Esta proposta ten como principal obxectivo, ademais de moitos outros, concienciar ao alumnado da situación de vulnerabilidade na que se atopan moitas familias a diario e que con axuda todo é máis doado.

Grazas a todas as familias por participar e tamén ao

Concello de A Capela por colaborar coa nosa iniciativa.

RECICLA CON ENERXÍA!

 

LEMBRADE que as pilas non se tiran ao lixo. Hai que depositalas nos contenedores específicos para o seu correcto tratamento.

#pilabot#reciclaconenerxía

 

Podedes consultar os informes finais premendo nas ligazóns:

- Quilos totais recollidos por centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirocaaveiro/system/files/Pilabot_categoriaA.pdf

- Quilos totais recollidos por alumno/a: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirocaaveiro/system/files/Pilabot3_categoriaB.pdf  

 

NADAL 2021

Rematamos o trimestre cunha gran festa de nadal. Haberá música, bailes, teatro... e ademais, recibiremos a visita dos Reis Magos que veñen cargadiños de agasallos para os/as nosos/as nenos e nenas. Tamén desfrutaremos dun espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto.

E TI, A QUE XOGABAS?

No xornal La Voz de Galicia publicado no día de onte, recóllense no suplemento "El comarcal" os testimonios de mestres e mestras da comarca lembrando a que se xogaba nos seus anos mozos. Entre outros, Xabier e Secundino, principais "culpables" da creación do  noso Centro de Interpretación. Confiamos que cando superemos esta etapa tan difícil que estamos a atravesar  poidamos continuar ensinando e aprendendo os xogos de sempre e que tamén poidamos compartilos con todos e todas os/as  que nos queiran visitar. 

"Un pobo que argalla, que enreda e xoga é un pobo feliz" 

RESULTADO DAS VOTACIÓNS DOS REPRESENTANTES DOS PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

Hoxe, luns 22 de novembro, celebráronse as votacións para a elección dos representantes de pais e nais no Consello Escolar. Os resultados das mesmas foron os seguintes:

  • Jéssica López Bouza - 7 votos
  • Montserrat Sobredo Arnoso - 9 votos

CENTRO ADMITIDO NOS CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE

O noso cole foi admitido nos Contratos-Programa Inclúe, da Consellería de Educación, para fomentar unha mellora da convivencia e xerar un clima de seguridade, respecto e confianza entre o alumnado.

VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DE PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

 

As candidaturas de pais/nais para elexir representante no Consello Escolar son as seguintes:

        - Jéssica López Bouza

        - Montserrat Sobredo Arnoso

 

As votacións terán lugar o luns 22 de novembro de 15:30h a 17:30 h.

Distribuir contido