Brinco

A colección de xogos e xoguetes

 

 

Dentro do edificio da escola estamos a crear desde o ano 2009 unha colección de xogos e de xoguetes, chamada “Brinco”.

Na planta baixa, que xa está máis ou menos completa, son os xogos e os xoguetes tradicionais os que a compoñen. Temos unha zona onde colocamos fondos bibliográficos relacionados cos xogos. As pezas están distribuidas ben nas paredes ou ben en vitrinas. Máis ou menos están colocadas por seccións (xoguetes de desprazamento, xoguetes musicais, xogos de lanzamento, xogos tradicionais e unha sección máis ampla adicada ao peón).

         Na planta alta, a metade da mesma está ocupada por unha colección de xoguetes africanos feitos a man; son arredor de 200 pezas cedidas por Cultura africana, axencia de viaxes ubicada en Madrid.

         A outra metade, aínda sen rematar, estará adicada aos xoguetes artesanais elaborados con materiais do medio natural, ao xoguete industrial e aos xogos de tabuleiro.

Ao longo do curso escolar 2012-2013 o noso alumnado construirá os seus propios enredos, baseados nunhas imaxes tomadas en Etiopía, dos que quedarán mostras para crear a nosa sección propia de xoguetes.

Tamén pensamos colocar durante os anos 2013-2014 unha mostra de xoguetes, de enredos feitos a man por Manolo García, amigo residente en Lourenzá.

Distribuir contido