Orientación

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN A 1º ESO AO NOSO CENTRO ADSCRITO IES MONCHO VALCARCE

 

Coma este ano o alumnado de 6ºEP non puido ter xornada de convivencia no Instituto,  o Departamento de Orientación do I.E.S Moncho Valcarce, centro adscrito ao noso centro CEIP Plurilingúe Mosteiro de Caaveiro, facilítanos un enlace coa información máis relevante de cara ao curso que ven. Se tedes un ratiño, os que vades a ese insti, botádelle unha ollada!!!!

 

INFORMACIÓN PARA O CAMBIO DE ETAPA

 

Ola familias!

Coma xa estamos a piques de rematar o curso, déixovos uns folletos informativos elaborados polo pedagogo Jesús Jarqué, sobre o inicio da escolariedade na etapa de Educación Infantil (para os que empecen novos) e sobre os cambios de etapa: o paso de infantil a primaria e o paso de primaria a secundaria.

Espero que vos sirvan de orientación. Non obstante, hai aspectos particulares do voso centro que é moi probable que non aparezan. Esas cuestións debedelas consultar no centro.

 

Un saúdo. 

SENSIBILIDADE NA REDE

 

Ola a todos e todas!

Coma esta temporada estamos a usar moito tempo os ordenadores, as tables, os móbiles... parece importante que teñades en conta unhas medidas de seguridade.

Déixovos unhas presentacións de sensibilidade que elaborou o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) para axudarnos a facer un uso responsable e seguro de internet. Se podedes miradeas en familia.

Un saúdo

                      

 

COMO MANEXAR OS ENFADOS

 

Cando as persoas pasan moito tempo xuntas na casa sen poder saír á rúa, é normal que xurdan enfados e rabechas pois, ás veces, non se queren facer as tarefas, hai que compartir espazos e tempos de traballo, esquécensenos as normas... Nestes días, seguriño que algún de vós tivo algunha! 

Aínda que agora xa temos permitido saír a rúa un tempiño aínda non podemos facer o que queremos. Por iso, tantos os adultos coma os nenos/as temos que comprender que é totalmente normal ter algún que outro enfado. A labor dos pais é fundamental neste episodios procurando en todo momento disciplina positiva. 

Déixovos un conto para os máis pequenos con actividades para manexar os enfados. Mirade no adxunto.

Tamén, un enlace por si vos animades a facer ioga en familia.

Supoño que vós como pais sabedes perfectamente como tedes que facer, non me cabe dúbida, pero se vos apetece mirade estes 7 consellos para poder afrontar situacións difíciles.  

XESTIÓN DO TEMPO

 

Hoxe vouvos adxuntar un material realizado polo Equipo de Conduta de Granada.

Son catro caderniños, agrupados por cursos, que inclúen unha serie de actividades para realizar en familia que vos axudarán a xestionar o voso tempo de maneria produtiva.

Se vos apetece botadelle unha ollada.

Espero que vos guste.

Un saudiño.

 

DIARIO DUN EMOCIONANTE SUPERVIVENTE

 

Boa tarde a todos e todas!

Como este ano non podemos levar a cabo no centro o programa de habilidades sociais que estaba previsto na planificación de actividades do Departamento de Orientación para este curso. Ímolo facer dende a páxica web do cole aproveitando a temática do coronavirus.

Déixovos un material que compartiu @t_ilusiona na web de Orientación Andújar. Tratase dun documento co que podedes interactuar aprendendo teoría, buscando recursos, debuxando, fotografando e moitas cousas mais de xeito lúdico, co único obxectivo de traballar as vosas emocións nestes tempos.

Non é necesario que o imprimades. Podédelo facer de xeito visual e oral falando coas vosas familias que tamén é importante para expresar os vosos sentimentos.

Tan só vos pido un traballo, tanto aos de Infantil coma aos de Primaria: nun folio en branco co título “A cápsula do tempo” tedes que escribir ou debuxar como pensades que vai ser o curso que ven. Unha vez feita a actividade tédela que mandar ao meu correo: slconde@edu.xunta.es ou as vosos mestres para que a garden ata setembro. Preferiblemente mandádea antes de rematar o curso que as gardaremos nunha caixa.

Iniciado o curso falaremos do tema e leremos todo o que puxestedes…

Picade en DIARIO DUN EMOCIONANTE SUPERVIVENTE 

Saúdos, 

Sonia  

 

BENESTAR EMOCIONAL

 

Bo comezo de semana familias e nenos/as!

Nesta ocasión o Equipo de Orientación Específica da Coruña, co obxectivo de colaborar co Departamento de Orientación do noso cole nesta situación tan rara para todos nós, adxúntanos dous documentos con reflexións, actuacións posibles e enlaces de interese para o acompañamento no coidado do benestar emocional na comunidade educativa neste trimestre tan incerto. Esperamos que sexan do voso interese e axuda.

Picade nos adxuntos.

 

Distribuir contido