INICIO DE CURSO

 

Mañá, xoves 8 de setembro, comezarán as clases no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro.

 O horario escolar é o seguinte:

- 9:30h a 14:30h xornada lectiva.

- 14:30h a 15:30h comedor escolar.

- 15:30h saída do transporte.

Recomendamos que os nenos e nenas traian unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

*A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas faranse con normalidade salvo algunha modificación que xa foi informada.

Axuda a Ucraína

Hai unhas semanas iniciamos unha campaña de venda de bolsas de tea co obxectivo de recadar diñeiro para axudar ao pobo ucraíno que tan mal o está pasando. A verdade é que foi un éxito total! A xente da Capela acolleu esta iniciativa do noso alumnado con gran entusiasmo e logramos xuntar un total de 410 euros, que xa foron transferidos a Cruz Vermella.

 GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2022/2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022/2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

*Con carácter excepcional poden colaborar tamén outros familiares dos/as alumnos/as comensais, ex-colaboradores/as deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa ou persoal que participe en programas de voluntariado social. Esta ampliación manterase mentres dure a aplicación das medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2022/2023

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2022/2023 (Click AQUÍ)

RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2021/2022 

1º de E.P.  2º de E.P.  3º de E.P.  4º de E.P.  5º de E.P.  6º de E.P.

GAÑADORES DO II CONCURSO DE DEBUXO E II CERTAME NARRATIVO

Os nosos alumnos Hugo Pérez e Xandre Pérez foron galardoados no  II Concurso Infantil de Debuxo e II Certame Infantil Narrativo, convocado pola Asociación de Mulleres Cabanas Rural. Os nosos parabéns tanto para os gañadores como para todos e todas os/as participantes polos seus traballos. Agardamos repetir o vindeiro ano!

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

No DOGA do 18 de Maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022  que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria. 

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 6.000€.

 O alumnado de 5º e 6º de EP,  que participan no programa de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/2023 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude é ata o 22 de xuño de 2022. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

       - Orde do 29 de abril de 2022

       Anexos  I e II

 

Distribuir contido