PRESENTACIÓN DA COLECCIÓN DE XOGUETES AFRICANOS

O sábado 17 de Marzo de 2012, ás cinco da tarde, preséntase no CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela – A Coruña) unha colección de xoguetes africanos. Esta colección  comezou a ser recollida en 1989 e foise completando ano a ano, viaxando por África, ata conseguir hoxendía a maior colección de xoguetes africanos que existe en España.  Pertence a Cultura Africana, axencia de viaxes especializada nese continente. Un dos seus donos, Javi Lago, cédenos esta valiosa mostra para que sexa vista e visitada por alumnado e profesorado de diferentes centros educativos que nos visiten.  

  

A colección está composta por 193 pezas (barcos, helicópteros, avións, móbiles, motos, coches, camións, bonecas, marionetas, xogos, instrumentos musicais, animais, armas ...), que veñen de 26 países:: Arxelia, Benin, Burkina Faso, Camerún, Costa de Marfil, Etiopía...



  Amosa uns xoguetes usados por nenos e nenas africanos e, o que é máis salientable, fabricados por eles mesmos ou coa axuda dos seus pais.  Non son máis ca o resultado da súa imaxinación e do seu inxenio.

 

 

Os xoguetes están construídos con materiais esquecidos ou de lixo. A necesidade, a maña e a enorme imaxinación destes rapaces e rapazas do chamado “terceiro mundo” transformaron eses materiais en preciosos obxectos de xogo, sinceiros e divertidos.


 A colección pasará a formar parte do Museo de xogos e de xoguetes “Brinco”, que desde hai dous anos estamos a crear na escola da Capela. Actualmente, na planta baixa temos a sección de xogos e xoguetes tradicionais. Na planta alta a metade estará ocupada por esta colección e na outra metade tentaremos poñer xogos e xoguetes industriais. 

ABERTO PERÍODO RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2012/2013

Dende o 1 ata o 30 de marzo está aberto o prazo para solicitar a reserva de matricula para o curso 2012/2013.

@s interesad@s poden acodir á secretaria do centro para retirar a documentación correspondente no seguinte horario:

Luns a venres,  en horario de 12.10 a 13.00h

ABALAR no cole

En 5º xa botamos a andar co equipamento ABALAR.

Tamén se celebraron no cole as seguintes charlas:

  • Navega con rumbo para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.
  • Coñece o Espazo Abalar para familias de 5º.
  • Coñece o Ezpazo Abalar  para profesorado do cole.
Distribuir contido