ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013/2014

PRAZO: ENTRE O 5 E O 17 DE ABRIL DE 2013

 

Documentación complementaria

- Impreso de admisión e matricula que deben recoller no centro (en horario de 12 a 13h, na secretaria).

- Fotocopia do libro de familia da páxina na que estea inscrito o/a solicitante.

- Fotocopia da cartilla de vacinas.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

* Artigo 14

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

DÍA DA PAZ

Celebramos o DÍA DA PAZ ESCOLAR,cantando e bailando "A Carrasquiña" e cos "Xogos Cooperativos".

Facede que o Día da Paz sexa todo o ano!

Segunda Aula ABALAR

Por fin podemos disfrutar

da segunda Aula ABALAR.

Make your own slideshow with music at Animoto.

FESTIVAL DE NADAL 2012

O vindeiro venres 21 de decembro celebraremos, como é costume, o Festival de Nadal no salón de actos da Cooperativa dos Calzados. O festival dará comezo ás 10.15h.

Transportes:

T.1. - Saída ás 9.15 h.

Pasará por: Alto da Serra, Soaserra, Lavandeira, Regüela, Formariz, Vilar de Mouros, A Grúa, Racamonde, A Buíña, Curbeira, Paizás, Igrexa de Caaveiro, A Porta e Os Calzados.

T.2. - Saída ás 9.30 h do colexio

Pasando por: Penagrande, Seixo, Filgueiras, Teixeira, Sande e os Calzados.

T.3. - Saída ás 9.30 h (GARCÍA)

Sairá das Neves pasando por: A Ribeira, O Poboado, A Estoxa, Mende, Gunxel, Vilasuso e Os Calzados.

Os nenos e nenas da zona das Neves utilizarán o transporte 2

* Á volta (sobre as 13.00h) os percorridos serán os mesmos pero á inversa.

 

Importante: O alumnado que volte á casa coa familia debe avisar ao seu titor.


ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCADAS ELECCIÓNS de REPRESENTANTES

dos PAIS  no CONSELLO ESCOLAR

DOG 20 de Setembro de 2012

 

  • O CONSELLO ESCOLAR é o órgano de goberno dun Centro Escolar.

  • Os pais/nais teñen dereito a estar representados/as no CONSELLO ESCOLAR

  • Para poder ser elexid@s teñen que presentar a súa candidatura. Non é obrigatorio, por suposto, pero é convinte ter un CONSELLO ESCOLAR completo (no que estean representados todos os estamentos) e amáis é o medio que teñen de participar na organización e funcionamento do Centro.

  • Para presentar as candidaturas é preciso solicitar un impreso en Secretaría e entregalo nesta mesma dependencia entre os días 15 e 22 deste mes de novembro.

  • AS VOTACIÓNS realizaranse no Centro o Xoves, 29 de Novembro entre as 16:30 e as 18:00 h.

 

COMPOSICIÓN do CONSELLO ESCOLAR do noso Centro

(8 unidades)

  • O Director, que será o seu presidente

  • O Xefe de Estudos

  • 1 Concelleiro/a ou representante do Concello.

  • 1 Representante do persoal non docente.

  • 5 mestres/as elexidos/as polo Claustro.

  • 5 representantes dos pais/nais:

- 1 proposto/a pola ANPA

- 4 elexidos/as polos/as pais/nais

  • A secretaria do Centro que actuará como secretaria do CONSELLO ESCOLAR, con voz pero sen voto.

 

NOTA: Nestas eleccións renovaranse 3 representantes dos pais/nais: 1 proposto/a pola ANPA e 2 elexidos polos/as pais/nais


CALENDARIO ELECTORAL

 

Exposición do Censo Electoral do 13 ao 20 de novembro

Presentación de candidaturas do 15 ao 22 de novembro

Sorteo das mesas elctorais día 21 de novembro

Proclamación de candidatos/as día 21 de novembro


* VOTACIÓN DÍA 29 DE NOVEMBRO

 

Comprobade que estades no Censo que está exposto no PORCHE do cole e, se non aparecedes ou atopades algún erro comunicádeo na Secretaría do Centro para que sexa subsanado.

NOVO HORARIO LECTIVO

NOVO HORARIO LECTIVO

(SÓ EN SETEMBRO 2012 E XUÑO 2013)

 

DENDE COMEZO DE CURSO: 12 SETEMBRO

HORARIO DE CLASE: 09:30 - 14:30

HORARIO DE COMEDOR: 14:30 - 15:15

 

TRANSPORTE: Pasará polas paradas

pola mañá: 15 minutos antes...

pola tarde: unha hora antes...

...Que cando estamos en horario habitual

Distribuir contido