ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCADAS ELECCIÓNS de REPRESENTANTES

dos PAIS  no CONSELLO ESCOLAR

DOG 20 de Setembro de 2012

 

  • O CONSELLO ESCOLAR é o órgano de goberno dun Centro Escolar.

  • Os pais/nais teñen dereito a estar representados/as no CONSELLO ESCOLAR

  • Para poder ser elexid@s teñen que presentar a súa candidatura. Non é obrigatorio, por suposto, pero é convinte ter un CONSELLO ESCOLAR completo (no que estean representados todos os estamentos) e amáis é o medio que teñen de participar na organización e funcionamento do Centro.

  • Para presentar as candidaturas é preciso solicitar un impreso en Secretaría e entregalo nesta mesma dependencia entre os días 15 e 22 deste mes de novembro.

  • AS VOTACIÓNS realizaranse no Centro o Xoves, 29 de Novembro entre as 16:30 e as 18:00 h.

 

COMPOSICIÓN do CONSELLO ESCOLAR do noso Centro

(8 unidades)

  • O Director, que será o seu presidente

  • O Xefe de Estudos

  • 1 Concelleiro/a ou representante do Concello.

  • 1 Representante do persoal non docente.

  • 5 mestres/as elexidos/as polo Claustro.

  • 5 representantes dos pais/nais:

- 1 proposto/a pola ANPA

- 4 elexidos/as polos/as pais/nais

  • A secretaria do Centro que actuará como secretaria do CONSELLO ESCOLAR, con voz pero sen voto.

 

NOTA: Nestas eleccións renovaranse 3 representantes dos pais/nais: 1 proposto/a pola ANPA e 2 elexidos polos/as pais/nais


CALENDARIO ELECTORAL

 

Exposición do Censo Electoral do 13 ao 20 de novembro

Presentación de candidaturas do 15 ao 22 de novembro

Sorteo das mesas elctorais día 21 de novembro

Proclamación de candidatos/as día 21 de novembro


* VOTACIÓN DÍA 29 DE NOVEMBRO

 

Comprobade que estades no Censo que está exposto no PORCHE do cole e, se non aparecedes ou atopades algún erro comunicádeo na Secretaría do Centro para que sexa subsanado.