ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013/2014

PRAZO: ENTRE O 5 E O 17 DE ABRIL DE 2013

 

Documentación complementaria

- Impreso de admisión e matricula que deben recoller no centro (en horario de 12 a 13h, na secretaria).

- Fotocopia do libro de familia da páxina na que estea inscrito o/a solicitante.

- Fotocopia da cartilla de vacinas.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

* Artigo 14

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.