LETRAS GALEGAS 2022
VISITADE O NOSO BLOGUE PARA VER TODAS AS ACTIVIDADES:
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022/2023, informamos que o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido. A listaxe poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.
DÍA DO LIBRO 2022
Visitade o blogue da biblio para saber máis sobre esta conmemoración:
FORMACIÓN MESTRES/AS
O pasado venres 25 de marzo, a Coordinadora do Equipo de Biblioteca do noso cole, desprazouse ata o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, para asistir aos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, nos cales interviron persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentáronse experiencias de centros de diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ).
Ademais desta formación o claustro asistiu a varias sesións presencias e por videoconferencia sobre a metodoloxía de ABP "Aprendizaxe baseada en proxectos" e Disciplina Positiva da man dunha das mellores mestras de España: Alicia Tojeiro. Toda unha honra e un privilexio para nós poder aprender da mellor.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »