FORMACIÓN MESTRES/AS

O pasado venres 25 de marzo, a Coordinadora do Equipo de Biblioteca do noso cole, desprazouse ata o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, para asistir aos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, nos cales interviron persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentáronse experiencias de centros de diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ). 

Ademais desta formación o claustro asistiu a varias sesións presencias e por videoconferencia sobre a metodoloxía de ABP "Aprendizaxe baseada en proxectos" e Disciplina Positiva da man dunha das mellores mestras de España: Alicia Tojeiro. Toda unha honra e un privilexio para nós poder aprender da mellor.