MATRICÚLATE NO NOSO COLE!

 

Preme na ligazón:https://youtu.be/6gjh6Yi0hEI 

 

    

 

ENTROIDO 2021

 

Este venres celebramos no cole a festa de Entroido. Foi un pouco diferente xa que por mor da Covid non puidemos festexar este día coas familias pero acompañáronnos Circus Magnificus e moita música e bailes... Pasámolo xenial!

Grazas a Anpa pola súa colaboración. 

Preme na ligazón: https://youtu.be/J05RQsrfAfc

 

FELIZ ENTROIDO!

 

Día da Paz

Hoxe conmemoramos no cole, como cada 30 de xaneiro, o Día Internacional da Paz e da Non Violencia. 

 

Preme na ligazón: https://youtu.be/hC1lLxVe_Is

VISITA DOS REIS MAGOS

 

Hoxe recibimos unha visita moi especial e agardada para os nosos nenos e nenas:

OS REIS MAGOS DE ORIENTE!

Preme na ligazón: https://youtu.be/tVo8wLf4_WU

PROXECTO DE FENDA DIXITAL ENDESA

    Hoxe visitamos a Central Hidroeléctrica do Eume , convidados polo director territorial de ENDESA , onde nos fixeron entrega de dous ordenadores portátiles e dous módems USB  con conectividade a internet . Esta doazón de equipamentos informáticos forma parte do proxecto de loita contra a Fenda Dixital que esta empresa puxo en marcha dentro do seu Plan de Responsabilidade Pública contra a COVID-19 . O seu obxectivo é axudar ás familias que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade fronte ás dificultades que lles pode ocasionar o ensino non presencial .

    Dende o CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro queremos agradecer a ENDESA esta valiosa aportación para a  nosa comunidade educativa .

 

Actualización do Plan de Continxencia

Seguindo as Instruccións do artigo terceiro da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional do 3 de novembro de 2020 , incorporamos o Anexo I ao Plan de Continxencia para o desenvolvemento do ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19 .

 

          Preme aquí: Plan de Continxencia

                             Plan específico de actuación para o alumnado vulnerable

COVID-19

Comunicámoslles que se confirmou un novo caso da Covid-19 no noso centro .

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas realizouse un estudo dos contactos próximos, cos cales xa contactou o Centro de Seguimento de Contactos indicándolles as pautas que deben seguir nos próximos días.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Poden atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.

 

A dirección

 

Distribuir contido