COVID-19

 

Comunicámoslles que se confirmou un brote da Covid-19 no noso centro . Ata o momento detectáronse dous casos.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas realizouse un estudo dos contactos próximos, cos cales xa contactou o Centro de Seguimento de Contactos indicándolles as pautas que deben seguir nos próximos días.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Poden atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.

 

A dirección

 

 

SAMAÍN

GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR NA TRADICIONAL EXPOSICIÓN DE CABAZAS.

2 DE NOVEMBRO- DÍA NON LECTIVO

 

Lembramos que o próximo 2 de novembro será día non lectivo escollido polo centro, polo tanto non haberá clase.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2020/2021

 

Mañá, xoves 10 de setembro, comezarán as clases no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro.

 O horario escolar é o seguinte:

- 9:30h a 14:30h xornada lectiva.

- 14:30h a 15:30h comedor escolar.

- 15:30h saída do transporte (Todos os días).

 

Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias. A incorporación dos demais cursos farase segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa onde se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21.

Recomendamos que os nenos e nenas traian unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

*NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que os horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.

 

INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO PARA O CURSO 20/21

 

Segundo indica a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o inicio das clases presenciais este curso será escalonado:

  • Xoves 10 de setembro: alumnado de 4º (3 anos) e 5º (4 anos) de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • Venres 11 de setembro: alumnado de 6º (5 anos) de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

PLAN DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2020/2021

En base ás Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, elaboramos o Plan de acollida para o curso 2020/2021.

Reunións inicio de curso

 

Dada a especial situación que estamos atravesando, consideramos necesario facer as reunións de inicio de curso antes do comezo das actividades lectivas. A distribución horaria destas reunións é a que se reflicte no seguinte cadro: 

 

NIVEL / CICLO

 

DATA

 

HORA

INFANTIL

7/9/2020

10:00H

1º/2º EP

7/9/2020

11:00H

3º EP

7/9/2020

12:00H

4º EP

8/9/2020

12:00H

5º EP

8/9/2020

11:00H

6º EP

8/9/2020

10:00H

Prégase a asistencia dun/dunha único/a responsable por cada alumno/a e seguir as recomendacións de seguridade e hixiene vixentes (uso da máscara, gardar distancias, evitar aglomeracións...).

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2020/2021

Distribuir contido