XOGOS PARA ESTES DÍAS E PARA TODOS OS DÍAS
Xogar, enredar, é un xeito de que haxa relación entre os diferentes membros da familia. Fai click enriba da imaxe e poderedes atopar unha gran variedade de xogos tradicionais, unha sección de papiroflexia, xoguetes para construír...
LEMBRADE: Xogar non é perder o tempo, é unha necesidade e unha aprendizaxe imprescindible para a vida.
INSTRUCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS A COMEDORES (COVID-19)
Estimadas familias,
Con data 30 de marzo foron convocadas pola Consellería de Educación unhas axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuidade total e do que por renda familiar resulta pagador de 1 euro do servizo de comedor en centros públicos.
Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, correspondente aos días lectivos de suspensión das clases pola pandemia do COVID-19.
O prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación ascende a:
- Nos casos de gratuidade total: 2,50€ por día.
- Nos casos de obriga de pago de un euro: 1,50€ por día.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada. Son necesarios para a tramitación mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e de Chave 365.
Para aquelas familias que non poden realizar a tramitación a través do procedemento anteriormente mencionado poderán solicitar axuda ao centro, comunicando telefonicamente ou a través do correo electrónico os seguintes datos:
- DNI ou NIE da persoa representante legal do alumno/a
- Nome e apelidos da persoa representante.
- Nome, apelidos e curso dos fillos/as.
- Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
Pregamos que aqueles que dispoñan de correo electrónico envíen estes datos á dirección (ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es). Os que non dispoñan deste medio poden facelo a través do teléfono 881938153.
O prazo para enviar a información remata o 6 de abril ás 14:00horas.
A dirección
AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE
Segundo as Instrucións do 27 de marzo, o segundo trimestre será avaliado co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais.
Os pais, nais ou titores poderán ter información de dita avaliación a través da aplicación Abalar a partir do día 3 de abril. Recoméndase ás familias que descarguen dita aplicación para poder obter estes e outros datos sobre a educación dos seus fillos ou/e fillas.
INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación co Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.
No seguinte enlace atópanse ditas medidas: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
Por outra banda, informámoslles que mañá venres 13 de marzo, o noso centro permanecerá aberto (no horario habitual) para recibir ao alumnado que, de xeito voluntario, desexe vir.
Calquera novidade ou información que se nos vaia comunicando, iremos informando a través da páxina web.
Novas Instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional:
- http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550
8 DE MARZO. DÍA DA MULLER
Para conmemorar este 8 de marzo do 2020, o alumnado da Capela fixo uns traballos
sobre algunhas das actrices máis salientables do noso panorama cinematográfico.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »