INSTRUCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS A COMEDORES (COVID-19)

 

Estimadas familias,

Con data 30 de marzo foron convocadas pola Consellería de Educación unhas axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuidade total e do que por renda familiar resulta pagador de 1 euro do servizo de comedor en centros públicos.

Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, correspondente aos días lectivos de suspensión das clases pola pandemia do COVID-19.

O prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación ascende a:

  • Nos casos de gratuidade total: 2,50€ por día.
  • Nos casos de obriga de pago de un euro: 1,50€ por día.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada. Son necesarios para a tramitación mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e de Chave 365.

Para aquelas familias que non poden realizar a tramitación a través do procedemento anteriormente mencionado poderán solicitar axuda ao centro, comunicando telefonicamente ou a través do correo electrónico os seguintes datos:

  •  DNI ou NIE da persoa representante legal do alumno/a
  •  Nome e apelidos da persoa representante.
  •  Nome, apelidos e curso dos fillos/as.
  •  Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Pregamos que aqueles que dispoñan de correo electrónico envíen estes datos á dirección (ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es). Os que non dispoñan deste medio poden facelo a través do teléfono 881938153.

O prazo para enviar a información remata o 6 de abril ás 14:00horas.

 

A dirección

AdxuntoTamaño
Orde_27_marzo_comedores.pdf647.02 KB
solicitude_axuda.pdf230.78 KB