Admisión provisional de alumnado para o curso 2016-17

Relación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o curso 2016/17.

 Ver arquivos adxuntos

 

Reserva de praza para o curso 2016/2017

Lexislación: ¨D. 254/2012 do 13/12/2012 (DOG do 26/12/12)

¨Orde do 12/03/2013 (DOG do 15/03/2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

·         A solicitude de RESERVA DE PRAZA presentarase no centro de preferencia do 1 ao 29 de marzo (incluídos).

Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso (Anexo II, modelo oficial do DOG 15/03/2013) que se facilita no propio centro e que pode ser solicitado por teléfono ou obtido do DOG na páxina da Xunta, e o Anexo A que tamén será facilitado no colexio . As solicitudes deben estar completamente cubertas. Xunto con estes impresos entregarase:

 

     -Fotocopia do libro de familia onde apareza o neno ou nena, ou do D.N.I.

-Certificado de empadroamento no que consten todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio. A situación da unidade familiar é a correspondente ao día 29 de febreiro de 2016.

-Alumnado xa matriculado noutro centro no curso actual nun nivel de Primaria: Certificado de matrícula do centro actual (Deberán remitir ao centro de orixe copia da nova solicitude de admisión art. 9.3 e 13.2.d) 2º da O. do 12/03/2013)

-En caso de separación ou divorcio, documento acreditativo e sinatura conxunta na solicitude (art. 14.4 da O. do 12/03/2013)

-Se se opta pola baremación da proximidade do colexio ao lugar de traballo, facelo constar na solicitude, tendo en conta que afectará a todos os centros relacionados na propia solicitude  (art. 22.1 da O. Do 12/03/2013)

(Deben ser documentos orixinais ou copias cotexadas. Neste caso farémolo no propio centro)

Debe considerarse que o número de membros da unidade familiar é o referido ao día 29 de febreiro de 2016.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN (Orixinais ou copias cotexadas)

·         Ter irmáns no centro: Fotocopia completa do libro ou libros de familia (art.20.4 da O. Do 12/03/2013). Tamén puntuará se está no centro adscrito, agás no último curso

·         Proximidade do colexio ao lugar de traballo (Ver art. 22.6 da O. do 12/03/2013)

·         Renda anual per cápita da unidade familiar (Ver art. 23 da O. do 12/03/2013) Determinarase a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral (casiña 430) e da base impoñible de aforro (casiña 445) das declaracións de renda de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de membros desta. O IPREM a aplicar é o correspondente ao ano 2014 (6.390,13 euros).

·         Condición de familia monoparental: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador (art. 25.2 da O. do 12/03/2013)

·         Criterio complementario do centro: (art. 28 da O. do 12/03/2013)

·         -Outros criterios ou casos (os relacionados na O. do 12/03/2013)

 

NO NOSO CENTRO PÓDESE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN:

DE 9:00 A 9:50 E DE 13:10 A 14:00 POLA MAÑÁ E DE 16:00 A 18:00 (SÓ OS MARTES NESTE ÚLTIMO HORARIO DE TARDE)

Hai que ter en conta:

1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar e nela débense relacionar por orde de preferencia outros centros que se desexen para o caso de non obter praza nese primeiro, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle e dita duplicidade pasará a depender da Comisión de Escolarización ao final de todo o proceso.

 

2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

·         De non ter o centro prazas suficientes para todas as solicitudes será preciso facer unha baremación. Neste caso presentarase a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados, dende o 1 ao 12 de abril.

·         Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de  cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.

·         Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.

·         A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario.

O alumnado que non proceda da área de influencia do centro NON TERÁ DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR (O. do 12/03/2013, art. 6.1)

O noso colexio conta tamén co servizo de Comedor Escolar xestionado pola ANPA.

Faise constar que o CEIP Mestres Goldar está adscrito ao IES de Valadares

A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO, a nº 8, comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo a Avda de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de As Carneiras-Matamá.

 MAPA Zonas Educativas

ACLARACIÓNS SOBRE ZONA EDUCATIVA 8

Rúa Portoloureiro: É da nosa zona dos nº 1 ao 37 e do 2 ao 50. O resto é de Beade.

Rúa Fontesanta: É da nosa zona do 42 ao 64. Do resto, unha parte é de Sárdoma (39 1º final e 66 ata o final) e a outra de Freixeiro.

Rúa Francisco de Sales (paisaxista): É da nosa zona do 2 ao 34 e os impares todos.

Rúa Francisco Rey Rivero (músico): É da nosa zona do 1 ao 33 e todos os pares.

Rúa Baixada á Laxe: É da nosa zona dos nº 1 ao 9, 29 a 35, 2 ao 48 (sempre se inclúen os citados). Os restantes son de Freixeiro.

Baixada á Pontenova: É da nosa zona do 85 ao final e do 90 ao final).

Rúa Finca dos Aires: Son nosos os números 2 e 4.

Tfnos de consulta: Concello: Estatística (padrón municipal) tfno 010; rueiro: 986 810 132.

AS ÁREAS LIMÍTROFES son a 7, a 9, a 12 e a 13.

 

Castrelos – Vigo, febreiro de 2016

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS



Aquelas familias que queiran visitar e coñecer o noso centro, para  matricular alumnado no curso 2016-17, poderán facelo no seguinte horario:

      MARTES: 23 de febreiro ás 16:15 horas.

      MARTES: 1 de marzo ás 17:00 horas.

      MARTES : 8 de marzo ás 16:15 horas.



De necesitar outro horario deben concertar cita chamando ao centro (986470839).

Sorteo Entroido

Hoxe ao remate do festival de Entroido realizouse o sorteo das tablets. Os números agraciados foron:

0079

0130

0301

0813

0709

As tablets poder ser recollidas no ANPA, dende o 11 de febreiro ao 11 de marzo, do ano en curso.

ENTROIDO 2016

Estimadas familias:

Como vén sendo habitual no noso colexio por estas datas, imos celebrar un  FESTIVAL DE ENTROIDO que  este ano leva por título ....

 

                ISTO  É

Realizarémolo o venres 5.

Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 12:05 abriranse as portas para poder acceder ao centro.

 

ENTROIDO 2016

SE AS ORDES DO MECO QUERES COÑECER

NA IMAXE DEBES PREMER......!!!!    

Admisión de alumnos/as

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición, neste caso o IES de Valadares. ( Dende o día 1 de febreiro ata o día 15 de febreiro)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Anexo I: Reserva de praza

Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

Distribuir contido