DÍA NON LECTIVO

  Día non lectivo de libre elección: 2 de maio de 2017

VACANTES 2017/18

 

4º de Educación Infanti l(3 anos): 22 prazas + 3 de NEE

5º de Educación Infantil (4 anos): 2 prazas

6º de Educación Infantil (5 anos): 7 prazas

1º de educación Primaria: 2 prazas NEE

2º de Educación Primaria: 3 prazas

3º de Educación Primaria: 0 prazas

4º de Educación Primaria: 0 prazas

5º de Educación Primaria: 6 prazas

6º de Educación Primaria: 0 prazas

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017/18

Xornadas de portas abertas:*Martes 21 de febreiro ás 17:00

*Martes 7 de marzo ás 17:00 *Martes 14 de marzo ás 17:00

Aquela familia que teña dificultades con estas datas, poderá concertar unha visita noutro horario chamando por teléfono ao centro

Lexislación: ¨D. 254/2012 do 13/12/2012 (DOG do 26/12/12)

¨Orde do 12/03/2013 (DOG do 15/03/2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a orde anterior

·         A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de preferencia DO 1 AO 20 DE MARZO(incluídos).

Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso (Anexo II, modelo oficial do DOG 1/2/2017) que se facilita no propio centro e que pode ser solicitado por teléfono ou obtido do DOG na páxina da xunta. As solicitudes deben estar completamente cubertas. Tamén é necesario cubrir e entregar o ANEXO A que se pode recoller no noso centro

Xunto con estes impresos entregarase:

 . Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  . Fotocopia do libro de familia onde apareza o neno ou nena, ou do D.N.I. (Documento acreditativo da idade do alumno)

 Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

-Alumnado xa matriculado noutro centro no curso actual nun nivel de Primaria: Certificado de matrícula do centro actual (Deberán remitir ao centro de orixe copia da nova solicitude de admisión.

-En caso de separación xudicial ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial e sinatura conxunta na solicitude.

-Se se opta pola baremación da proximidade do colexio ao lugar de traballo, facelo constar na solicitude, tendo en conta que afectará a todos os centros relacionados na propia solicitude.

(Deben ser documentos orixinais ou copias cotexadas. Neste caso farémolo no propio centro)

Debe considerarse que o número de membros da unidade familiar é o referido ao día 28 de febreiro de 2017.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN (Orixinais ou copias cotexadas)

·         Ter irmáns no centro: Fotocopia completa do libro ou libros de familia (art.20.4 da O. Do 12/03/2013). Tamén puntuará se está no centro adscrito, agás no último curso

·         Proximidade do colexio ao lugar de traballo (Ver art. 22.6 da O. do 12/03/2013)

·         Renda anual per cápita da unidade familiar (Ver art. 23 da O. do 12/03/2013) Determinarase a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral (casiña 430) e da base impoñible de aforro (casiña 445) das declaracións de renda de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de membros desta. O IPREM a aplicar é o correspondente ao ano 2015 (6.390,13 euros).

·         Condición de familia monoparental: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador (art. 25.2 da O. do 12/03/2013)

·         Criterio complementario do centro: (art. 28 da O. do 12/03/2013)

·         -Outros criterios ou casos (os relacionados na O. do 12/03/2013)

 Tamén se pode facer este ano a través da aplicación

Solicitudes a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Ruta no menú: 

Solicitudes–Reserva de praza–Crear solicitude de reserva

NO NOSO CENTRO PÓDESE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN:

DE 9:00 A 9:50 (agás mércores e xoves)E DE 13:10 A 14:00 POLA MAÑÁ E DE 16:00 A 18:00 (SÓ OS MARTES NESTE ÚLTIMO HORARIO DE TARDE)

Hai que ter en conta:

1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar e nela débense relacionar por orde de preferencia outros centros que se desexen para o caso de non obter praza nese primeiro, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle e dita duplicidade pasará a depender da Comisión de Escolarización ao final de todo o proceso.

2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

·         De non ter o centro prazas suficientes para todas as solicitudes será preciso facer unha baremación. Neste caso presentarase a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate da presentación de solicitudes de admisión.

·         Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de  cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.

·         Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.

·         A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario.

O alumnado que non proceda da área de influencia do centro NON TERÁ DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR (O. do 12/03/2013, art. 6.1)

O noso colexio conta tamén co servizo de Comedor Escolar xestionado pola ANPA.

Faise constar que o CEIP Mestres Goldar está adscrito ao IES de Valadares

A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO, a nº 8, comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo a Avda de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de As Carneiras-Matamá.

 MAPA Zonas Educativas

ACLARACIÓNS SOBRE ZONA EDUCATIVA 8 (pode ter algunha variación)

Rúa Portoloureiro: É da nosa zona dos nº 1 ao 37 e do 2 ao 50. O resto é de Beade.

Rúa Fontesanta: É da nosa zona do 42 ao 64. Do resto, unha parte é de Sárdoma (39 1º final e 66 ata o final) e a outra de Freixeiro.

Rúa Francisco de Sales (paisaxista): É da nosa zona do 2 ao 34 e os impares todos.

Rúa Francisco Rey Rivero (músico): É da nosa zona do 1 ao 33 e todos os pares.

Rúa Baixada á Laxe: É da nosa zona dos nº 1 ao 9, 29 a 35, 2 ao 48 (sempre se inclúen os citados). Os restantes son de Freixeiro.

Baixada á Pontenova: É da nosa zona do 85 ao final e do 90 ao final).

Rúa Finca dos Aires: Son nosos os números 2 e 4.

Tfnos de consulta: Concello: Estatística (padrón municipal) tfno 010; rueiro: 986 810 132.

AS ÁREAS LIMÍTROFES son a 7, a 9, a 12 e a 13.

 

Castrelos – Vigo, febreiro de 2017

ENTROIDO 2017

ORDES DO MECO:

LUNS

UN COLAR FEITO A MAN NO NOSO CORPO LUCIRÁ

MARTES

UN ADORNO VEXETAL É UN ALIMENTO ORIXINAL

MÉRCORES

A VOLTA Ó MUNDO DAREMOS E UN GORRO DE CADA PAÍS TRAEREMOS

XOVES 

OS NOSOS OLLOS ADORNAREMOS E MÁIS FEITIÑOS ESTAREMOS

       Estimadas familias:

     Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 24 FESTIVAL de Entroido  do 2017 que este ano leva por título “Por culpa dun Pokemon”.

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 12:10  abriranse as portas  para poder acceder   ao centro.

       Moitas grazas pola súa colaboración.

 

                               

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

Para alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) e outros cursos.

Do 1 ao 20 de marzo

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión. 

Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a do 12 de marzo.

Xornadas de portas abertas:

*Martes 21 de febreiro ás 17:00

*Martes 7 de marzo ás 17:00

*Martes 14 de marzo ás 17:00

Aquela familia que teña dificultades con estas datas, poderá concertar unha visita noutro horario chamando por teléfono ao centro.

DÍA DA PAZ

          

ADMISIÓN ALUMNADO 2017-18 CENTRO ADSCRITO

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES ao que está adscrito o noso centro (Valadares), ten que presentar o anexo I (SOLICITUDE) cuberto para solicitar a reserva de praza do día 1 AO 15 DE FEBREIRO. 

*As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Ruta no menú: 

Solicitudes–Reserva de praza–Crear solicitude de reserva

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase imprimir e presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.

 

*Anuncio do IES VALADARES

Estimadas familias:

Dende a comuniade educativa do IES Valadares, invitámosvos á  XORNADA DE PORTAS ABERTAS a tódalas familias dos alumnos de 6º curso do CEIP Mestres Goldar, o próximo 30 DE XANEIRO ás 18:15

Nesta xuntanza faremos unha breve presentación do noso instituto: materias a escoller, medidas de reforzo e adaptación, normas de convivencia, actividades extraescolares e complementarias, instalacións,…

 

Ademáis faremos unha visita por tódalas dependencias do centro: aulas, salas informática, música, laboratorios, instalacións deportivas…

FESTIVAL

 

Estimadas familias:

                                                    

     Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.

     Realizarémolo o mércores 21, e levará por título “A VOLTAS COA TERRA”

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 12:10

poderedes entrar no centro.   

 

                                 Un saúdo                                Feliz Aninovo

Distribuir contido