Reapertura da biblioteca

A Biblioteca abriu as súas portas a novas historias, a novos proxectos e, por suposto, á maxia da pintura. E que mellor xeito de comezar que con outra clase de maxia, a da música de uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Moitísima grazas por agasallarnos co voso tempo, enerxía e bo facer.

 

MAGOSTO

Estimadas familias;

Como vén sendo habitual por estas datas, imos celebrar o MAGOSTO. Este curso, realizarémolo o venres 9 de novembro a partir das 12 da mañá.

Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:

. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.

. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.

. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.

. Mandade as castañas e a leña só o xoves 8 e o venres 9.

Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.

Clicade enriba da imaxe das castañas e podedes visualizar un vídeo anunciando o noso magosto, realizado nun obradoiro de dobraxe na aula de 5º B. E se clicas sobre as letras de cor verde, outro máis, súper simpático. A gozar destas dúas estupendas presentacións!!!

DÍA NON LECTIVO

 

Vista a proposta do Consello Escolar do centro, a Xefatura Territorial declarou día non lectivo o vindeiro 2 de novembro de 2018. Polo tanto non haberá clase ese día.

REUNIÓN COAS FAMILIAS

Convocamos ás familias do noso alumnado a unha reunión, o vindeiro martes 2 de outubro, para falar de diversos aspectos organizativos, didácticos, educativos...

O horario será o seguinte:    5º de Educación Infantil: 16:00

                                           1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: 17:15

As familias irán directamente ás aulas de cada curso, acompañadas do profesorado correspondente.

Esperamos a vosa presenza.

                                                 

CURSO 2018-19

 

As clases empezarán o vindeiro mércores 12 de setembro no horario habitual.

Esperamos a vosa volta con ilusión.

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO 4º DE ED. INFANTIL

O venres 7, ás 11:00, haberá unha reunión xeral coas familias do alumado que inicia o curso en tres anos na súa aula correspondente.

.

ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Horario do período de adaptación do alumnado de tres anos.

CLICADE EN ADXUNTO

 

RECOLLIDA LIBROS

Os libros da ANPA serán entregados os días 6 e 7 de setembro de 10:00 a 12:00.

Os do fondo libros da Xunta, segundo corresponda, tamén poden ser recollidos nese mesmo horario, ou ao inicio das clases xa se lles entregará ao alumnado.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe publicamos as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso.

Ditos libros, para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que lle corresponda, serán entregados en setembro nos primeiros días
de clase, nas respectivas titorías.

Consultade os arquivos adxuntos para saber que libros corresponden a cada alumno ou alumna.

 

Distribuir contido