ACTO FINAL DE CURSO
O venres 21 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2018/19. Como todos os anos as familias estades convidadas a asistir.
A apertura das portas será ás 12:00 h
AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o seguinte á publicación oficial da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes presentaranse mediante cita previa, que se poderá solicitar a través de:www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou 986810260.
Ditas axudas para libros de texto e material escolar son só para a segunda etapa de Educación Infantil, e as de comedor para Educación Infantil, Primaria e Secundaria
*IMPORTANTE: Como novidade este ano os centros educativos non terán que facerlle ningún xustificante ás familias para aportalo coa solicitude (será o Concello o que solicite o xustificante aos centros cando o considere necesario).
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20
Saíu publicado no DOG do 20 de maio (Orde do 3 de maio) onde podedes atopar toda a información, o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020.
. A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 18/19. A falta de devolución é motivo de exclusión. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.
. A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.
. A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.
A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
O prazo de solicitudes (anexo I e II) vai do 21 de maio ao 21 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2017.
Este ano as familias poden tamén realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
Tamén poden facer a presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
DATAS LÍMITE
. Publicación de listaxes provisionais de axudas concedidas: ata o 11 de xullo.
- Para gravar o resultado de reclamacións: ata o 17 de xullo.
- Publicación das listaxes definitivas de axudas concedidas: ata o 19 de xullo.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
- Certificado ou volante de convivencia, de ser o caso.
- Violencia de xénero: acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 19/20
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
5º DE EDUCACIÓN INFANTIL
6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
(Todas as solicitudes presentadas foron admitidas)
Clicade nos arquivos adxuntos
A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos (4º de Ed. Infantil), na que entregamos dito impreso de matrícula, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario ou chamamos personalmente a cada familia.
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA
Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 28 e 29 de maio.
RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19.
Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2018/19 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.
Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.
MAIO 2019
O venres, día 10 de maio, sacaremos o noso maio ao patio para cantarlle as coplas.
Invitámosvos a que veñades compartir esta actividade.
Por motivos de seguridade do alumnado, as familias que queirades asistir, teredes a entrada aberta no horario determinado. Agradecemos que teñades en conta isto. O acto celebrarase na pista a carón do ximnasio, ou no seu interior, dependendo do tempo meteorolóxico.
Como outros anos, pedimos a vosa participación para festexar ao maio.
TEATRO NO AUDITORIO DO CONCELLO
O luns, 6 de maio, o noso centro representará a obra "Zapping" no auditorio do concello de Vigo, dentro das X Xornadas de Teatro Escolar. Coma outros anos, será un éxito total.
ALUMNADO ADMITIDO NA LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2019-20
4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS). TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS
EDUCACIÓN PRIMARIA. TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS
CLICAR NOS ADXUNTOS
VISITA E EXPOSICIÓN DA PINTORA EMI TORRÓN
O pasado mércores 13 de marzo, continuando co proxecto deste ano e por mor do día da muller traballadora, recibimos á pintora viguesa Emi Torrón, que pese á súa discapacidade ensinounos a levar a vida cun sorriso.
Emi tivo a amabilidade de prestarnos algunhas das súas obras para facer unha exposición no noso centro.
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO. CURSO 2019-20
LEXISLACIÓN: Orde do 12/03/2013 (DOG do 15/03/2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.
Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a orde anterior
· A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de preferencia DO 1 AO 20 DE MARZO(incluídos).
Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso ED550B (Anexo II)
Xunto con estes impresos entregarase:
. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
. Fotocopia do libro de familia onde apareza o neno ou nena, ou do D.N.I. (Documento acreditativo da idade do alumno)
Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática.
-Alumnado xa matriculado noutro centro no curso actual nun nivel de Primaria: Certificado de matrícula do centro actual (Deberán remitir ao centro de orixe copia da nova solicitude de admisión.
-En caso de separación xudicial ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial e sinatura conxunta na solicitude.
-Se se opta pola baremación da proximidade do colexio ao lugar de traballo, facelo constar na solicitude, tendo en conta que afectará a todos os centros relacionados na propia solicitude.
(Deben ser documentos orixinais ou copias cotexadas. Neste caso farémolo no propio centro)
Debe considerarse que o número de membros da unidade familiar é o referido ao día 28 de febreiro de 2019.
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN (Orixinais ou copias cotexadas)
· Ter irmáns no centro: Fotocopia completa do libro ou libros de familia (art.20.4 da O. Do 12/03/2013). Tamén puntuará se está no centro adscrito, agás no último curso
· Proximidade do colexio ao lugar de traballo (Ver art. 22.6 da O. do 12/03/2013)
· Renda anual per cápita da unidade familiar (Ver art. 23 da O. do 12/03/2013)
· Condición de familia monoparental: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador (art. 25.2 da O. do 12/03/2013)
· Criterio complementario do centro: (art. 28 da O. do 12/03/2013)
· -Outros criterios ou casos (os relacionados na O. do 12/03/2013)
Tamén se pode facer este ano a través da aplicación
Solicitudes a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Ruta no menú:
Solicitudes–Admisión–Crear solicitude de admisión
Clica enriba para o manual para ás familias
NO NOSO CENTRO PÓDESE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN:
DE 9:00 A 9:50 (agás xoves), DE 13:10 A 14:00 (mércores e xoves) E DE 12:00 a 13:10 os venres, POLA MAÑÁ, E DE 16:00 A 18:00 (SÓ OS MARTES NESTE ÚLTIMO HORARIO DE TARDE)
Hai que ter en conta:
1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar e nela débense relacionar por orde de preferencia outros centros que se desexen para o caso de non obter praza nese primeiro, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle e dita duplicidade pasará a depender da Comisión de Escolarización ao final de todo o proceso.
2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
· De non ter o centro prazas suficientes para todas as solicitudes será preciso facer unha baremación. Neste caso presentarase a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate da presentación de solicitudes de admisión.
· Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.
· Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.
· A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario ou chamaremos por teléfono.
O alumnado que non proceda da área de influencia do centro NON TERÁ DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR (O. do 12/03/2013, art. 6.1)
O noso colexio conta tamén co servizo de Comedor Escolar xestionado pola ANPA.
Faise constar que o CEIP Mestres Goldar está adscrito ao IES de Valadares
A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO, a nº 8, comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo a Avda de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de As Carneiras-Matamá.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »